Plataforma lixo Ames - o concello quere recaudar pola recollida do lixo máis do que custa


O CONCELLO DE AMES QUERE RECAUDAR MÁIS DO QUE CUSTA O SERVIZO DE RECOLLIDA O LIXO.

O goberno municipal insiste unha e outra vez en que ninguén pon enriba da mesa argumentos que lle permita resolver o expediente do cobro retroactivo da taxa do lixo de xeito favorable aos veciños, que recibiron a comunicación dese cobro, e , unha vez máis, MENTE


A Plataforma do Lixo , na última reunión co alcalde, e a oposición no último Pleno,  deron  esas razóns, recabadas da opinión de expertos xurídicos e queremos facer partícipes delas a toda a veciñanza:

Calquera modificación ou actualización do censo NON se pode cobrar co caracter retroactivo, xa que non somos obrigados tributarios mentras non publiquen o censo definitivo da taxa de recollida do lixo polo que tampouco se nos pode cobrar o ano 2012.

Si o goberno municipal fai efectivo o cobro retroactivo desa taxa en vivendas que non estaban no censo (todas as do rural), ingresará máis do que custa o servizo, polo que incurre nunha ilegalidade, porque según o artigo 24.2 da Lei de Facendas Locais que di  "O importe das taxas pola prestación dun servizo ou pola realización dunha actividade non poderá exceder, no seu conxunto, do custo real ou previsible do servizo ou actividade de que se trate, ou no seu defecto, do valor da prestación recibida".

Con estes datos estamos deixando claro que o goberno municipal de Ames estan cometendo unha manifesta ILEGALIDADE.

Esperamos que o goberno resolva canto antes da única maneira que debe facelo que é resolvendo o non cobro desa retroactividade.  Mentres isto non se produza a Plataforma manterá a súa actividade, informando á veciñanza e presionando ao goberno nos seus actos públicos e planificando unha gran mobilización diante da sede do  goberno de Galicia no mes de setembro.

Este domingo día 8 vamos a estar na Festa do chourizo en Ortoño. Como en cada acto no que nos presenciamos, estaremos representantes da Plataforma coa pancarta que vai en contra do cobro retroactivo do lixo mostrando a unión que temos os veciños do rural. Ademais presentaremos novas iniciativas ao longo destas semanas.

               
Como dixemos dende o principio a unión fai a forza e vamos a chegar ata o final na nosa loita porque se trata dunha medida abusiva que é inxusta pero ademais ilegal.  A semana que ven comezaremos as reunións informativas polas parroquias de Ames. A axenda fixada ata o momento é a seguinte ( coa posibilidade de que se engadan sobre a marcha algún punto mais):
Mércores 11: estaremos en Agrón, Lens e Piñeiro ás 21.00 horas.
Xoves 12: estaremos en Bugallido, A Tarroeira e Augapesada ás 21.00 horas.
Venres 13: estaremos, en Covas, Barouta e en Biduido ás 21.00 horas.
Domingo 15: estaremos en Trasmonte ás 10.30 horas e en Oca ás 12.00 horas.

Nestas xuntanzas os representantes da Plataforma temos pensado informar aos veciños en que punto nos atopamos nestes momentos e do que se falou na última reunión co alcalde, ademais de contestar as dúbidas que nos presenten e de dar a coñecer todo o que estamos a facer como Plataforma.

PLATAFORMA DO LIXO
Constituída por ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS DO RURAL e ORGANIZACIÓNS POLÍTICAS.

AV. o Corpiño de Oca, AV. A Mercede de Lapido, Pedra do Fuso de Ames,  San Xoanciño de Pousada, AV. de Bugallido, AV. O Reguiño de Raices a Casanova, AV. San Paio de Lens, AV. Paravent de Paramuíño e Ventín  (Biduido), AV. de Cobas, AV. Monte do Crego de Trasmonte, AV. Quistilans o  Cantiño, AV. Santa Mariña da Ameixenda, AV de Riamontes, AV. Piñeiro, “Lojo Batalla” de Tapia. Representantes de Castrigo, Agrón e das forzas políticas BNG, PSOE,  Ames Novo

Ningún comentario: