Silleda - o concello consegue o permiso para adecentar a zona de baño de Cira


A Xunta autoriza o adecentamento da zona de baño de Cira, solicitada pola Concellería de Medio Ambiente
-A Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infarestruturas deu o visto bo á corta de vexetación herbácea na ribeira do río Deza, no lugar coñecido como Xunta dos Ríos

-O concelleiro, Antonio Couso, indica que tamén se está á espera de que a Xunta convoque as axudas para as zonas da Rede Natura, a fin de seguir mellorando este espazo, na confluencia dos ríos Deza e Ulla

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de autorizar a corta de vexetación herbácea na zona de baño de Cira, tal e como solicitara o departamento municipal de Medio Ambiente, que dirixe Antonio Couso. Estes permisos, que se conceden cada ano, foron tramitados ante o organismo Augas de Galicia, que aínda non informou da súa resolución,  e a Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Logo de formular esta solicitude, persoal técnico da Xunta visitará a zona para facer as oportunas comprobacións.
Este enclave situado no lugar das Mámoas (en Fucarelos), coñecido polos veciños da zona como “As Xuntas”, por estar a escasos metros da confluencia entre o Deza e o Ulla, é un espazo usado como zona de baño por moitos veciños de Cira e arredores.
Na resolución, advírtese que os traballos deben limitarse á corta de vexetación herbácea e reducir ao mínimo posible a perda de capacidade de filtración das marxes do río. Tamén se esixe comunicar    ao Servizo de Conservación da Natureza tanto o inicio coma o remate dos traballos para procedera o recoñecemento final. A corta solicitada queda autorizada no prazo de un ano.
Agora adecentarase a zona coa chegada do verán, mentres dende o goberno silledense se agarda poder realizar novas actuacións de mellora nun futuro.
Así, o concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural, Antonio Couso, explica que siguen á espera de que se convoquen as axudas para a mellora de espazos incluídos na Rede Natura 2000, (para o bienio 2012-2013), como é o caso desta zona de Cira, catalogada como Lugar de Interese Comunitario (LIC).
“Unha das actuacións que temos pensado sería a dotación de sinais para chegar a este espazo dende a parroquia de Cira, a colocación de mobiliario o a creación dun sendeiro neste entorno”, sinala Couso. 

Ningún comentario: