O
Concello de Ames está levando a cabo un completo plan de
mantemento
de pistas forestais para a prevención de incendios
O Concello de Ames, en virtude dun convenio de colaboración
subscrito Consellería de Medio Rural e do Mar, está realizando
un
intenso plan de desbroce de camiños forestais no municipio. O
obxectivo destes traballos é intensificar a prevención de
incendios, manter as vías e camiños e outras superficies de
titularidade municipal en boas condicións e reforzar a
limpeza levada a cabo pola maquinaria municipal durante todo o
ano.
A
través desta colaboración, o que se consegue é complementar as
labores de limpeza co tractor municipal que xa vén realizando o
Concello en todo o municipio. En virtude do acordo asinado coa
Consellería de Medio Rural, os traballos de limpeza de pistas
forestais comezaron na parroquia de Ames, máis concretamente nas
zonas de Proupín e monte San Marcos; continuando por unha parte
da
parroquia da Ameixenda e pola de Covas, en zonas como Ventosa de
Abaixo ou Casas do Monte. Tamén se levaron a cabo traballos de
mantemento de pistas forestais nas parroquias de Bugallido e
Biduído.
Neste
momento, a maquinaria atópase traballando na zona de Monte Picón
e
en Buceleiras, así como no punto de auga para helicópteros de
Framán. Despois, trasladarase á
zona norte do municipio amiense, acometendo a limpeza no resto
das
pistas forestais da parroquia da Ameixenda, e recorrendo as
pistas
doutras parroquias como Trasmonte, Piñeiro ou Tapia.
O
obxectivo deste convenio para a participación na prevención de
incendios forestais, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de
Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia
2007-2013,
é realizar tratamentos preventivos en vías, camiños e outras
superficies forestais de titularidade municipal.
Este
acordo, dotado cun orzamento máximo anual de 11.498 euros,
amosa a
vontade do Concello de Ames de colaborar coa Consellería de
Medio
Rural e do Mar na vixilancia, prevención e defensa dos
incendios
forestais. O
obxectivo
é
actuar mediante
tarefas
preventivas,
sobre
as
causas
dos
incendios
forestais
co
obxecto
de
evitalos
ou,
en
todo
caso,
minorar
as
súas
consecuencias
económicas
e
ambientais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario