Arredor
de 800 persoas asistiron as actuacións do programa Cultura
de
Bar
O
programa
Cultura
de
Bar
pechouse
coas actuacións de Miguel Alonso, Paul Black, o mago
Romarís e o
grupo Duodeno.
Este
programa
recolleu diferentes actividades culturais como contos
de
tradición oral, actuacións musicais e de maxia, humor,
monólogos,
etc.
Todos
os
locais manifestaron expresamente o seu desexo de que
nun futuro
próximo se desenvolvan actividades semellantes e que
están
dispostos a colaborar co Concello na organización de
futuras
edicións do programa Cultura
de
Bar.
Ames,
3 de xullo de 2012. A fin de semana pasada rematou o
programa
Cultura de Bar. Este programa pechouse cun balance moi
positivo. Tanto os veciños que asistiron a ver as actuacións,
que
se enmarcaron dentro deste programa, coma os hostaleiros que
participaron nesta iniciativa mostraron a súa satisfacción por
este
programa de dinamización da hostalería. Durante catro venres e
un
sábado do mes de xuño un total de 16 establecementos
hostaleiros de
Bertamiráns e do Milladoiro acolleron varias actuacións de
maxia,
música, contacontos e humor. Dende a concellería de Promoción
Económica do Concello de Ames estiman que un total de 800
persoas
gozaron destas actuacións.
O
programa
Cultura
de Bar pechouse
coas actuacións de Miguel Alonso, Paul Black, o mago
Romarís e o
grupo Duodeno. En
Bertamiráns a Cafetería A Charca acolleu a actuación do
cantautor
en galego Miguel Alonso, que deleitou a todos os asistentes
coa súa
voz e novidosas letras. Nesta mesma localidade, no bar
Meigas, estivo
o
músico irlandés Paul Black. Como é habitual nel
conseguiu atrapar
coa súa música a todo aquel que se achegou por este
local. Tanto é
así que ata conseguiu que algunha espectadora o
acompañase coas
letras dalgunhas das súas cancións.
Por outra banda, no Milladoiro, houbo outras dúas actuacións. Primeiro, no Babía Café estivo o grupo Duodeno, que entre outros temas interpretou un tema propio denominado Cultura de Bar, que se estableceu como a banda sonora deste programa de dinamización da hostalería. Ademais, o mago Romarís achegou o seu espectáculo de maxia ata o bar Premium. Cómpre destacar que entre o público que asistiu a ver a actuación do mago Romarís estaba o seu compañeiro o mago Vituco.
Por outra banda, no Milladoiro, houbo outras dúas actuacións. Primeiro, no Babía Café estivo o grupo Duodeno, que entre outros temas interpretou un tema propio denominado Cultura de Bar, que se estableceu como a banda sonora deste programa de dinamización da hostalería. Ademais, o mago Romarís achegou o seu espectáculo de maxia ata o bar Premium. Cómpre destacar que entre o público que asistiu a ver a actuación do mago Romarís estaba o seu compañeiro o mago Vituco.
O
peche da primeira edición do programa Cultura
de Bar tivo
lugar o sábado 30 de xuño coa música irlandesa de Paul
Black, que
estivo nos locais O Pilón e Manhattan, ambos situados
preto do
Cuartel da Garda Civil do Milladoiro. Esta actuación
tivo que ser
suspendida o pasado día 15 de xuño pola choiva, xa que
o reducido
tamaño destes locais obrigou a que a actuación tivese
que
realizarse ao aire libre.
Este programa recolleu diferentes actividades culturais como contos de tradición oral, actuacións musicais e de maxia, humor, monólogos, etc. Dende a concellería de Promoción Económica do Concello de Ames estiman que un total de 800 persoas gozaron destas actuacións durante os catro fins de semana que durou a primeira edición do programa Cultura de Bar.
Balance
positivo
As
diferentes xerencias dos establecementos que
participaron no novidoso
programa Cultura
de Bar mostraron
a súa satisfacción por esta iniciativa e por como se
desenvolveron
as actividades nos seus respectivos locais ademais de
pola nova
clientela que se achegou ata os mesmos. Por outro
lado, todos os
locais manifestaron expresamente
o seu desexo de que nun futuro próximo se desenvolvan
actividades
semellantes e que están dispostos a colaborar co Concello de
Ames na
organización de futuras edicións do programa Cultura
de Bar.
A
Concellaría de Promoción Económica contou co apoio
económico da
Deputación da Coruña para o desenvolvemento deste
programa de
dinamización da hostalería de Ames. Para pechar a
primeira edición
deste programa e como sinal de agradecemento a
veciñanza amiense
pola súa participación nos espectáculos programados, o
concello
sorteou 24 camisetas co logotipo de Cultura
de Bar. Este
sorteo realizouse nos locais que acolleron actuacións
durante a fin
de semana pasada.
Ademais,
repartíronse varios exemplares dos libros que recollen
os traballos
gañadores do Certame Literario do Concello de Ames.
Este libro está
editado polo concello de Ames en colaboración coa
Fundación
Feiraco. Trátase dunha recompilación dos traballos
gañadores
(narrativa e poesía) nas últimas edicións deste
certame literario,
que todos os anos organiza o servizo de Normalización
Lingüística
do Concello de Ames, a través da Concellaría de
Cultura. Estes
libros repartíronse nos 16 establecementos inscritos
neste programa.




Ningún comentario:
Publicar un comentario