PSOE Teo - nova executiva municipal


NOVA EXECUTIVA MUNICIPAL EN TEO
Os Socialistas de Teo veñen de celebrar unha asemblea extraordinaria, na tardenoite
do mércores 4 de xullo, a fin de proceder a renovación do Comité Executivo
Municipal.

A xestión da Executiva saínte foi aprobada por unanimidade da militancia presente,
que valorou positivamente a política de recuperación do espazo electoral e social do
PSdeG de Teo neste ano.
Uxía Lemus tivo palabras de agradecemento ao traballo dos compañeiros e das
compañeiras que deron un paso ao fronte nun momento difícil do socialismo
teense, amosando o seu forte compromiso co partido e coas ideas de esquerda, da
solidariedade e da xustiza social.
Tras este debate, procedeuse a presentar as candidaturas ao Comité Executivo
Municipal, así como os e as representantes ante o Comité Nacional Galego e o
Comité Provincial.
Houbo unha única candidatura ao Comité Executivo Municipal, a encabezada por
Uxía Lemus, como Secretaria Xeral, e actual concelleira do PSdeG PSOE en Teo,
que obtivo o respaldo unánime da agrupación.
Acompañarán a Lemus, José Manuel Elías, como Secretario de organización e
administración; Maite Argibay, como Secretaria de formación, educación e cultura;
Roberto Moñino, como Secretario de política municipal, economía e emprego;
Alexandra Barreiro, como Secretaria de políticas sociais; Carlos Teruel, como
Secretario de acción electoral e Enrique Durán, como Secretario de relacións
veciñais e movementos sociais.
Trátase dunha executiva renovada nun 66%, que conxuga experiencia política e
organizativa e xente nova, con unha porcentaxe de mulleres do 43% e unha media
de idade de 45 anos.
Esta executiva, que nace co apoio unánime da militancia socialista teense, ten
como primeiro obxectivo planificar e xestionar os procesos electorais vindeiros,
tanto as eleccións autonómicas, aínda por fixar, como as municipais da primavera
do 2015, de gran relevancia para o futuro do noso país e do noso concello.
Uxía Lemus, xa como nova Secretaria Xeral do Comité Executivo Municipal, amosou
o sentimento de forte responsabilidade dos e das membros deste Comité, ao
asumir a tarefa da recuperación do espazo político que lle corresponde ao PSdeG
PSOE no Concello de Teo.

Ningún comentario: