OS 22
ALUMNOS DOS CURSOS DE INFORMÁTICA
DO
CONCELLO DE TORDOIA RECOLLERON OS SEUS DIPLOMAS ACREDITATIVOS
Desde
o Concello avánzase que se formarán novos grupos despois do verán
O Concello de
Tordoia fixo entrega onte dos diplomas
que acreditan o aproveitamento dos cursos de informática para adultos
que se desenvolveron no municipio durante os últimos catro meses. Cada curso
contou con 11 alumnos que adquiron as súas destrezas en horarios de tarde, en
total 22 veciños e vecinas do concello que abordaron este curso co obxectivo de
achegarse ás novas tecnoloxías informáticas e adquirir uns coñecementos básicos
de Windows, Word, Powerpoint, Excel e Internet.
Desde o Concello
de Tordoia recálcase a necesidade de que toda a poboación, con especial
incidencia nos maiores, poida ter acceso ás novas tecnoloxías polo que o curso
permitirá adquirir coñecementos precisos para poder manexarse no sistema
operativo Windows e algúns dos seus programas, así como adentrarse tamén na
Internet. Os grupos reducidos fixeron posible ofrecer unha maior atención a
cada un dos alumnos, que se amosaron moi satisfeitos do resultados obtidos xa
que non tiñan ningún tipo de coñecemento previo.
De feito, o
concello de Tordoia asegurou que, depois do verán, haberá máis cursos para toda
a xente interesada na iniciación ou para antiguos alumnos que desexen avanzar na materia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario