A área de esparcemento da estación da
Pontraga abre as súas portas para o uso e desfrute de veciños e veciñas durante
os meses de verán
Os veciños e
veciñas de Ordes contan dende esta semana cun novo espacio de lecer ubicado na
parroquia de Parada.
A estación da Pontraga e o seu entorno representan un espazo
natural de gran atractivo, composto por distintas áreas cun denominador común,
a súa integración coa natureza e a paisaxe.
A recuperación desta área, que ata datas
recentes se atopaba en estado de semiabandono, débese ao esforzo do Concello de
Ordes, responsable da posta en marcha e
da súa reconstrución e remodelación a través do obradoiro de emprego Ramón Rubial.
Os alumnos desta escola taller, posta en marcha conxuntamente coa Xunta de
Galicia, traballaron durante dúas tempadas tanto nos edificios e inmobles da
vella estación como na súa entorna. O resultado final amosou nunha renovada
estación, unha xoia arquitectónica do arquitecto Ramón Cortázar que dende a súa
inauguración no 1929 e durante anos supuxo un dos puntos ferroviarios máis
importantes de toda a provincia. Unha estación que conta cunha irmá xemelga en
Azpeitia, provincia de Guipúzcoa, ralizada tamén polo mesmo arquitecto.
Unha
amplísima zona axardinada, merendeiros, fontes, bancos e cadeiras complementan
este espazo do que xa poden dispoñer os veciños e veciñas do municipio en
horario de mañán e tarde. A todo isto hai que engadir os traballos de desbroce
e acondicionamento do río Lengüelle, un cauce fluvial que transcorre ao largo
de toda esta área e que supón, ademais doutro atractivo engadido a visitar,
unha gran alternativa e elemento para refrescarse e sobrelevar as calurosas
xornadas estivais.


Ningún comentario:
Publicar un comentario