OS
MOTIVOS DO FESTIVAL PSICOTROITA DECORAN A CASA DA XUVENTUDE E A AULA DE MÚSICA
DE OROSO
O
Festival Psicotroita, celebrado con gran éxito esta fin de semana en Oroso,
deixou tamén unha lembranza permanente na casa da xuventude e na aula de música
de Sigüeiro. A exhibición de graffitis realizada durante a celebración da
Psicotroita permitiu decorar o exterior do antigo inmoble do centro de saúde de
Sigüeiro coas distintas personaxes da Psicotroita, sobre un fondo verde como
corresponde ao Concello de Oroso.
O creatividade correu a cargo de
Mou, veciño de Ordes e compoñente do grupo Deus ke te Crew e actualmente
director creativo de Mutante Creativo. Unha persoa con experiencia neste tipo
de actuacións, pois a el se debe tamén o mural que decora a parede traseira da
Aula de Música de Ordes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario