Amosando publicacións coa etiqueta VILA DE CRUCES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VILA DE CRUCES. Amosar todas as publicacións

Fundación Xosé neira Vilas - Pasamento do escritor

A Fundación Xosé Neira Vilas comunica que faleceu no seu domicilio de Gres – Vila de Cruces (Pontevedra) o escritor Xosé Neira Vilas (Gres, 1928).

O velorio terá lugar no Panteón de Galegos Ilustres de Santiago de Compostela a partir das 18:30 h. do día de hoxe.

O funeral celebrase na parroquia de Santiago de Gres ás 17:30 h. de hoxe día 28, onde posteriormente recibirá sepultura no panteón familiar.

Fundación Xose Neira Vilas - Ampliase o prazo para participar no premio Arume de poesía

A Fundación Xosé Neira Vilas informa que o prazo de recepción de poemarios con destino ó PREMIO ARUME de poesía para nenos e nenas, que estaba previsto que pechase o 31 do actual mes de outubro, aprázase ata o día 15 de novembro próximo.

Recordámoslles que:

Poderán participar todas as persoas que o desexen, de calquera nacionalidade, con textos inéditos escritos en lingua galega.

Os traballos levarán un título. En sobre a parte, cerrado, deberá consignarse por fóra o mesmo título e dentro o nome e apelidos do autor ou autora, o seu enderezo e teléfono. Deben enviarse por triplicado a:

FUNDACIÓN XOSÉ NEIRA VILAS

Gres, Vila de Cruces, 36587, Pontevedra

Cada traballo debe conter como mínimo 350 versos.

A Fundación Xosé Neira Vilas escollerá un xurado de recoñecido prestixio. O seu ditamen será inapelable.

O Premio entegarase durante o mes de decembro de 2015.

Ten unha dotación de 600 euros.

O libro premiado será publicado pola editorial EMBORA de Ferrol.

Os orixinais non premiados poder ser retirados polos respectivos autores no prazo de trinta días contados a partir da entrega do Premio.

A participación no Premio Arume supón a aceptación destas Bases.

Goza do Ulla - Os 19 municipios das provincias de A Coruña, Lugo y Pontevedra lanzan a iniciativa que xa vai pola quinta edición

Os 16 concellos bañados polo río Ulla presentan un ano máis o programa ‘Goza do Ulla’, unha iniciativa turística que xa vai pola súa quinta edición e que pretende dar a coñecer e promocionar o rico e valioso patrimonio natural dos territorios á beira do Ulla. A presentación oficial tivo lugar onte no Concello de Monterroso, onde comenzará o programa de roteiros o domingo 31 de maio e rematará em Vila de Cruces o último fin de semana de outubro. Haberá unha ruta ou incluso dous cada fin de semana en cada un dos 19 concellos da iniciativa: Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Agolada, Santiso, Arzúa, Vila de Cruces, Touro, Silleda, Boqueixón, Vedra, A Estrada, Teo, Padrón, Pontecesures, Valga, Dodro, Catoira e Rianxo.

Ignacio Codesido, alcalde de Touro, un dos concellos impulsores deste proxecto, destaca que “desde Antas do Ulla, no seu nacemento, ata Rianxo coa súa chegada ao mar, pasando polos diferentes concellos, o Ulla amosa unha grandísima variedade de patrimonio natural, cultural e artística”. Os 19 concellos implicados nesta iniciativa de promoción do seu territorio teñen a intención a medio prazo de diseñar e poñer en marcha unha ruta de gran percorrido que poderia denominarse Gran Roteiro Fluvial do Ulla para poñer en valor toda a riqueza cultural, ecolóxica e etnográfica deste río, o segundo en relevancia de Galicia e que percorre tres províncias (Lugo, A Coruña e Pontevedra). Na presentación oficial que tivo lugar onte en Monterroso tamén foi presentado o libro de Henrique Neira ‘Lendario río Ulla. Viaxe desde a Ulloa ata á ría de Arousa’, e que fai referencia ao percorrido de ‘Goza do Ulla’.

O domingo 31 de maio comeza a primeira ruta no Concello Monterroso. As seguintes rutas serán: Antas do Ulla (17 de xuño); Boqueixón (20 de xuño); Agolada (18 de xullo); Arzúa (1 de agosto); Vedra (2 de agosto), Rianxo (29 de agosto); Touro (5 de setembro); Pontecesures (6 de setembro); Silleda (12 de setembro); Catoira (13 de setembro); A Estrada (20 de setembro); Palas de Rei (26 de setembro); Teo (27 de setembro); Padrón (3 de outubro); Santiso (10 de outubro); Dodro (17 de outubro); Valga (24 de outubro) e Vila de Cruces (25 de outubro).

A iniciativa xurdiu fai xa cinco anos e o ano pasado desenvolveuse con grande éxito. Con traballo dos 19 concellos e sen apenas custo promóvese un proxecto que pon en valor o noso territorio, vinculando municipios, bisbarras e provincias por riba dos intereses localistas ou partidistas.

Varios concellos - Homenaxe aos veciños que mantiveron vivo o Entroido dos Xenerais da Ulla

Os alcaldes entregaron un galardón como recoñecemento polo traballo dos veciños dos seus respectivos concellos onde se celebra este tradicional evento, xa que son eles os que manteñen vivo este particular xeito de celebrar o Entroido que se remonta ao século XIX e que hoxe en día conta cunha alta participación, crecente ano tras ano.

Turismo - Os Xenerais da Ulla declarados Festa de Interese Turístico

O traballo dos veciños consegue que o Entroido  dos Xenerais da Ulla sexa declarado Festa de Interese Turístico
O Entroido da Ulla celébrase en vinte e sete lugares dos concellos de Boqueixón, A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces

Silleda - Campaña de promoción Museos do Rural

O convenio Museos do Rural bota a andar coa promoción conxunta de Carboeiro, o museo mineiro de Fontao, Casa do Patrón e a Fundación A Solaina

Silleda - convenio con Vila de Cruces para mantemento de viaís

Silleda e Vila de Cruces crean un equipo intermunicipal para a realización de Servizos de Mantemento, arranxo e limpeza de viais

Silleda - dende hoxe está asignados o sendeiro do Deza dous operarios


Asignados dous operarios a Silleda e Vila de Cruces ao abeiro do convenio para poñer en valor o sendeiro do Deza

-A Diputación vén de confirmar os contratos, a través do seu plan de emprego, dende o 1 de xullo ao 31 de decembro

Sileda ´Silleda e Vila de Cruces asinan un convenio de colaboración cultural


O Concello de Silleda e o de Vila de Cruces asinan un convenio de colaboración en materia de dinamización cultural

 O Concello de Silleda e o de Vila de Cruces asinaron hoxe un novo convenio de colaboración. Neste caso, o obxecto é o fomento e dinamización de actividades culturais no Centro Vista Alegre da Bandeira (Silleda) e no Local Social de Ferreirós (Vila de Cruces), establecendo unha estreita colaboración entre ambos e participando en programas e accións comúns.

Silleda – Vila de Cruces – convenio polo aforro enerxético

O Concello de Vila de Cruces e o Concello de Silleda firmaron o convenio de colaboración para o aforro enerxético
Vila de Cruces, 13 de abril de 2012
A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, e o Alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero, veñen de firmar o convenio de colaboración para o aforro enerxético.

Silleda / Vila de Cruces – convenio para a xestión do sendeiro do Deza

O Concello de Silleda e o de Vila de Cruces asinaron un convenio de colaboración para a Xestión do Sendeiro do Deza

Silleda, 21 de marzo de 2012

O Alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero Varela, e a Alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, firmaron hoxe un convenio de colaboración no que, ambos concellos se comprometen a poñer en valor o Sendeiro de Deza,  optimizando deste xeito os recursos económicos das administracións locais mediante fórmulas  que permitan a xestión compartida na prestación dos servizos públicos.

Con este convenio, ambos Concellos accederán de forma conxunta ao Plan Provincial de Emprego para 2012 da Deputación Provincial de Pontevedra. Esta entidade provincial será, no caso de que o proxecto sexa valorado positivamente,  a encargada de proporcionar dous operarios de servizos coa ocupación de peóns de xardinería, mediante contratos temporais, de seis meses de duración formalizados a partir do vindeiro 1 de abril, realizados a tempo parcial, por un total de 25 horas semanais. O custo dos mesmos será financiado ao 100 por cento pola propia Deputación.

Ambos os dous Concello, logo de ter aprobada a sinatura do documento en Xunta de Goberno Local, firma que se formaliza no acto de hoxe, someterano agora a aprobación e presentarano na Deputación de Pontevedra xunto co proxecto redactado entre as dúas administracións para a limpeza e o mantemento do Sendeiro, tanto no percorrido dos 6 km que ten de lonxitude  como as contornas do Mosteiro de Carboeiro,  a praia fluvial da Carixa e os Miradoiros da Fervenza do Toxa, uns enclaves naturais e arquitectónicos de obrigada visita para calquera persoa que visite a Comarca do Deza, e dos que tamén gozan a cotío tanto os cidadáns de Silleda coma os de Vila de Cruces.

No Convenio, establécese que para facilitar o  seu seguimento, cumprimento e coordinación, constituirase unha Comisión Mixta, sen prexuízo das competencias atribuídas aos respectivos alcaldes, integrada por dous representantes de cada Concello, á que poderán asistir técnicos dos mesmos. Esta comisión formalizarase no mes de  abril e ditará as súas propias normas de funcionamento, debéndose reunir coa regularidade que acorden, en consenso, as dúas partes.

Entre as súas funcións estará  a elaboración do orzamento anual do servizo, a elaboración das liñas básicas de actuación e das normas internas de xestión, así como resolver calquera dúbida ou conflito que xurda do cumprimento de este convenio.

Entre as obrigas recollidas no documento para as dúas administracións estará a de  comunicar os medios materiais e persoais que poñerán a disposición do programa á comisión mixta, proporcionar a roupa e os medios materiais aos traballadores para que poidan desenvolver o seu traballo e garantir  un funcionamento suficiente e estable para unha eficaz e eficiente prestación do servizo, habilitando para elo  as aplicacións orzamentarias necesarias en consonancia  co orzamento elaborado pola comisión. O reparto será ao 50%, non obstante a comisión mixta atenderá  no seu reparto os custos dos medios persoais e materiais aportados por cada concello

Ambos municipios coinciden na importancia que ten coordinar servizos para optimizar os recursos de cada concello e confían que esta liña de colaboración poida ampliarse a outros servizos.

Sendeiro do Deza

O Sendeiro do Deza é unha das sendas máis importantes da Comarca de Deza, situada nos Concellos de Vila de Cruces e Silleda, cunha afluencia de visitantes que supera as 10.000 persoas ao longo do ano.

Este camiño ten un percorrido de 6 quilómetros que comezan nos miradoiros da Fervenza do Toxa, e continúan pola ermida de San paio, na localidade de Merza, e pola área recreativa de A Carixa, rematando no Mosteiro de Carboeiro.

O seu valor paisaxístico queda recoñecido ao formar parte do Sistema Fluvial Ulla-Deza, e ser considerado Lugar de Importancia Comunitaria integrada dentro da Rede Natura 2.000.

Cabe destacar, polas súas singularidades, a Fervenza do Toxa, catalogada como das máis altas de Galicia en caída libre, a Praia Fluvial de A Carixa das máis importantes do interior da comunidade autónoma, e o Mosteiro de Carboeiro, fundado no s. X considerado o monumento máis sobranceiro do romántico oxival galego.

Pola importancia tanto natural, histórica e turística destes enclaves, é de interese para os dous municipios polos que discorre o Sendeiro de Deza, asinar o convenio coa finalidade do mantemento en bo estado e conservación do camiño e da contorna dos espazos destacados previamente.

Polo tanto, estes concellos asociados, deberán prestar os servizos pertinentes entre os que se atopa a limpeza viaria, e será preciso optimizar os recursos económicos das administracións locais mediante fórmulas innovadoras que permitan a xestión compartida na prestación dos servizos públicos. Neste caso concrétase no convenio asinado de maneira que o impacto da crise económica nos servizos públicos sexa menor e os resultados da posta en común dos recursos de cada Concello minimicen a crítica situación actual.