Modificacións de tráfico en San Pedro e na rotonda de Conxo
Santiago - Modificacións no tráfico por mor das obras na rúa Montero Ríos
Santiago - corte de tráfico da Rúa das Ameas
Santiago – axenda martes 13 e notas cortes de tráfico
| Martes 13
11.00 h Na Sala Obradoiro do Hostal dos Reis Católicos, ROLDA DE PRENSA para dar conta das últimas novidades do Fórum Gastronómico Santiago 2012. Anunciaranse os relatores confirmados. Asisten Pep Palau e Jaume von Arend, co-directores do evento, e a concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis.
11.30 h No CEIP López Ferreiro, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, preside o acto de presentación da campaña de seguridade viaria “Ao cole seguros”. Asisten: os concelleiro de Educación, Ángel Currás, e de Seguridade Cidadá e Tráfico, Albino Vázquez; o director de Seguridad Vial do Real Automóvil Club de España-Race, Tomás Santa Cecilia; o coordinador do programa, Juan Antonio Sánchez Trillo; e a directora de Comunicación da empresa de neumáticos Goodyear, Nieves Fuentes. 12.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Tráfico, Albino Vázquez, para valorar a peonalización das rúas Xeneral Pardiñas e República do Salvador. 12.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do PSOE, Bernardino Rama, sobre asuntos de carácter local. 20.30 h No CSC de Conxo, proxección de 'Best of Reino Unido' dentro do programa +Curtocircuíto. | ASUNTO: corte de tráfico na rúa Fonseca Con motivo da restauración da Casa do Cabido, e para realizar a conexión á rede de abastecemento de augas, cortarase ao tráfico a rúa Fonseca dende as Praterías ata a Raíña o martes 13 entre as 10.30 h e as 20.00 h. Os desvíos faranse pola rúa de Xelmírez e o acceso a Fonseca e á Raíña realizarase pola praza do Obradoiro. O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar. ASUNTO: corte de tráfico na rúa do Campo de Santo Antonio Por mor da realización de obras de reparación do pavimento, a rúa do Campo de Santo Antonio permanecerá cortada ao tráfico no tramo comprendido entre os números 1 e 8 desde o 14 ao 28 de decembro. Os residentes poderán acceder durante este tempo desde a Trisca en sentido contrario ao habitual. O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar. |
Santiago – avisos por mor da peatonalización
ASUNTO: avisos por mor da peatonalización provisional das rúas República do Salvador e Xeneral Pardiñas
A Concellería de Tráfico lembra que esta fin de semana se peatonalizarán as rúas República do Salvador (tramo entre Doutor Teixeiro e a Praza Roxa), e Xeneral Pardiñas (entre a República Arxentina e Montero Ríos).
O horario da peatonalización será o seguinte: desde as 12.00 h do sábado 10 ata as 20.00 h do domingo 11.
Polo tanto, queda prohibido o estacionamento e a circulación nos tramos sinalados de ambas rúas no horario indicado, excepto para autobuses urbanos, taxis, vehículos de urxencias (ambulancias, policía e bombeiros) e residentes con prazas de garaxe nos tramos afectados.
O sábado facilitaranse os labores de carga e descarga pero prégase aos condutores puntualidade na finalización da devandita tarefa. A hora limíte será as 12.00 h.
A peatonalización e os cambios que conleva estarán debidamente sinalizados e atendido por membros de Protección Civil e Policía Local, especialmente os puntos de corte.
O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar e invítaos a disfrutar da peatonalización.
Santiago – axenda ata o luns e notas de tráfico
| Sábado 26
10.00 h A concelleira de Benestar Social, Familia e Muller, Paula Prado, participa na andaina solidaria con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. 10.00 h, hora de saída da praza de Lavacolla. 11.30 h, incorporación de participantes na praza da Fonte (Monte do Gozo). 12.30 h (aprox), chegada á praza do Obradoiro, onde se realizará unha concentración.
10.00 h No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á VIII Asemblea xeral da Fegamp. 17.30 h Na rúa Belvís (nº2), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á inauguración das actividades do centro Don Bosco para o curso 2011-2012.
18.00 h No Auditorio de Galicia, segunda xornada do V Certame Galego de Bandas de Música. Nesta xornada, concurso das Bandas da Sección Segunda. Domingo 27
16.30 h No Auditorio de Galicia, terceira e última xornada do V Certame Galego de Bandas de Música. Nesta xornada, concurso das Bandas da Sección Primeira.
21.15 h No Auditorio de Galicia, clausura do V Certame Galego de Bandas de Música.
Luns 28
12.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Familia, Paula Prado, para presentar o Plan de Prevención de Drogas. 12.30 h. Na Casa do Concello, a voceira adxunta da Xunta de Goberno Local, Reyes Leis, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión. 20.30 h Na rúa Eduardo Pondal (nº4, baixo), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, visita o Colexio de Avogados. | Servizos especiais para asistir ao partido de baloncesto Blusens Monbus – Barcelona Regal (27/11/2011) Con motivo do partido de baloncesto que disputarán o Blu:sens Monbus e o Barcelona Regal o vindeiro domingo, 27 de novembro, no multiusos Fontes do Sar, disporanse servizos especiais para asistir ao mesmo: - Haberá un servizo lanzadeira dende a rúa de Ramón Piñeiro (lateral do Parlamento de Galicia) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 11.30 h. - A liña C11 (circular de Fontiñas) accede ao multiusos Fontes do Sar cunha frecuencia de 30 minutos os domingos e festivos pola mañá. As paradas máis céntricas para acceder a esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza, rúa Virxe da Cerca e rúa de San Pedro. Ao remate do partido, manteranse os dous servizos para a volta: servizo lanzadeira con destino a Ramón Piñeiro e mais a liña C11.
|
Santiago – corte de tráfico desde o luns
corte de tráfico na avenida do Camiño Francés e na rúa do Lavadoiro
- Con motivo das obras que se están a realizar na avenida do Camiño Francés para a construción dun túnel, é preciso cortar o tráfico na devandita vía a partir do luns, 14 de novembro, e durante 5 días. Os desvíos faranse polas rúas Monte dos Postes, Fontiñas e avenida de Xoán Pablo II. Permitirase o paso aos garaxes dende a rúa do Valiño.
- Por mor das obras do aparcamento para a Escola Infantil de Salgueiriños, cortarase ao tráfico a rúa do Lavadoiro dende o día 14 ao 30 de novembro. Os desvíos faranse pola rúa do Río. Permitirase o paso aos residentes.
O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.
Santiago – peche de paso peonil no campus sur
ASUNTO: PECHE TEMPORAL DO PASO PEONIL QUE UNE O CAMPUS SUR COA RÚA POZA DE BAR
O Concello de Santiago vén de decretar o peche temporal durante 90 días do canellón peonil que une o Campus Sur coa rúa Poza de Bar e que transcorre paralelo ao insitutuo Xelmírez I.
O peche, que conta co informe favorable da Polícía Local, realízase por motivos de seguridade dada a proximidade dunha obra de construción dunha gardería e tendo en cando que o paso é utilizado diariamente por un amplo número de escolares deste instituto e do Pío XII.
Durante este período os usuarios poderán empregar como alternativa un canellón paralelo situado a 150 metros que desemboca na mesma rúa.
No proxecto da devandita obra está prevista a urbanización do entorno así como a construción dunha rampa para minusválidos e melloras do acceso, reivindicación histórica dos veciños da zona.
O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.
Santiago – corte de tráfico na avenida da liberdade
corte de tráfico na avenida da Liberdade
Por mor da colocación dunha vidreira nun edificio á altura do número 11 da avenida da Liberdade, ésta permanecerá pechada ao tráfico durante todo o sábado, 12 de novembro.
O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.