Santiago,
30/06/2016 - Os sofisticados británicos Ultimate Painting e os galegos El
Monstruo protagonizan o concerto inaugural do 'TerraZeando. Ciclo de concertos
ao fresco' organizado pola asociación Desconcierto Cultural coa colaboración do
Concello de Santiago.
Será hoxe xoves 30 a partir das 20.00 h no parque Eugenio
Granell nunha actividade na que participan tamén o Resas, o bar do propio
parque Eugenio Granell e despois haberá unha sesión de música con Isaac Torgal.
A entrada é libre.
EL MONSTRUO (A Coruña)
El Monstruo é a criatura bicéfala formada
por dous bos coñecidos da escena coruñesa: Dani Bembibre (ex-Ramalama,
Electricats e Mistakens) á guitarra e Pablo Silva (Combo Dinamo) á batería.
Nacida en 2010, é o resultado dunha condición: son sinxelo + os menos cacharros
posibles + cancións das que te poidas acordar, xa que un dos obxectivos do dúo
é darle duro e que quepa todo nun coche. Boa declaración de intencións
El Monstruo presentaron o seu primer EP en
2013, e entre sus seguidores devotos está o gran Diego RJ, que pinchouno con
asiduidade e fruición nese gran faro do rock que é El Sótano de Radio 3. Seis
cancións como serras, serras que cortan con precisión e que non olvidan que
doutro lado do altofalante existe un o oínte que quere desfrutar, solazarse e
retozar con esas cancións abrasaneuronas que son “Salvaje” ou “El hombre
medicina”, nas que van moito mais aló das sonoridades que os poden emparentar
cuns Guadalupe Plata, presentes tamén no seu ideario.
Mentras se atopan ramatando o que será o seu
ansiado primer LP, esperamos que El Monstruo fagan honor ao seu lema
“rocanrola, baile e alto volume” e que despois do seu paso polo Parque Eugenio
Granell, compartindo cartaz con Ultimate Painting, só quede unha paisaxe
devastada, sempre en sentido figurado, tras ter disfrutado todos ata o
derradeiro folgo.
ULTIMATE PAINTING (Gran Bretaña)
Probablemente James Hoare o Jack Cooper
non sexan nomes que nos sonen a priori; pero cando falamos de Veronica Falls,
no caso do primeiro, ou Mazes, no do segundo, decontado nos damos conta que
temos unha superbanda montada. Se ao anterior engadimos un directo sólido como
poucos, que con tan só dous discos sorprenderon a media crítica mundial, e que
encandilan tanto a rockeiros coma aos fans do indie pop mais senlleiro, pois
iso, que xa temos o disfrute asegurado.
Ultimate Painting recuperan como ninguén o
momento mais pop de The Velvet Underground; o xurdido tras a marcha de John
Cale e que supuso un paso adiante na búsqueda do recoñemento comercial. Deste
xeito, nos seus dous álbumes publicados ata hoxe recréanse nas atmósferas
lánguidas, pero coa tensión soterrada e guitarras prístinas que tamén
cultivaron xa clásicos coma Jonathan Richman & The Modern Lovers, os
Television menos sofisticados, ou The Feelies


Ningún comentario:
Publicar un comentario