Santiago, 30/06/2016 - O sábado 2 de xullo realizarase a séptima edición
do "Minicanmiño". Este novo grupo de "perregrinos da
esperanza" estará composto por un grupo duns 20 voluntari@s que guiarán a
10 cans da Fundación Refuxio de Animais, e os padriños e madriñas co seu
afillado/a.
Con todo isto, esperamos crear unha senda para todos aqueles que queiran
colaborar cos animais do centro e atopar un fogar para eles ou para algún dos
mais de 400 compañeiros que actualmente residen no Refuxio de Bando.
Plan do día - horarios
Os participantes terán que estar as 09:30 no Refuxio para recoller ao seu
compañeiro do camiño, iniciando a marcha ás 10:30 no Refuxio de Bando, para
chegar en torno ás 13:30-14:00 ao parque da ALAMEDA, onde haberá xa instalada
unha mesa informativa dende as 10.30 das distintas actividades e formas de
colaborar coa Fundación Refuxio de Animais (voluntariado, apadriñamentos,
socios, doazóns, colaboracións... etcétera.) Tamén se venderá material
publicitario para recadar fondos para os animais do centro.
De 15:00 a 17:00 farase un descanso para comer e recargar baterías, (traede un
bocata ou tarteira!!!).
Pola tarde, ás 18:30 farase unha “Pasarela da Adopción”. Así mostraranse aos
nosos "perregrinos" (afillados e outros cans do Refuxio), expoñendo a
súa historia e facultades.
Participación e condicións:
As condicións para todos aqueles que queiran participar son:
- Apuntarse nun listado no Refuxio, (podedes facelo tamén a través do correo
electrónico: voluntariado.bando@gmail.com) , indicando: nome e apelidos,
e-mail, teléfono, relación con Refuxio (padriños, voluntarios, adoptantes…) , e
o animal que queren levar, así coma se poden quedar pola tarde á "Pasarela
da Adopción".
- Terán que ir dúas persoas por can.
- Aqueles padriños/madriñas que tendes afillados dominantes, medosos, ou
incompatibles co resto dos cans que irán na marcha, non poderedes levalos pero
vos asignaremos outro previamente avaliado. Desta maneira pretendemos evitar
problemas entre os animais durante a realización da actividade co obxectivo de
que a actividade sexa o máis divertida posible para todos.
- Os participantes irán polo lado esquerdo da estrada e levarán ao can polo
lado interno ou entre os dous paseantes.
- Nunca se invadirá a estrada
- Levaranse bolsas para recoller as defecacións.
- Os padriños e madriñas terán que organizarse entre eles para facer grupos cos
seus coches para volver despois ao Refuxio.
No caso de non quedarse pola tarde, terán que subir aos cans ao refuxio.
As condicións para todos aqueles que queiran participar
na camiñata son as mesmas que para o resto dos compoñentes.
Quen se queira unir á marcha pode facelo ao longo da ruta.
Sempre hai algunha maneira de axudar, solo hai que animarse. Moitas grazas por
anticipado pola vosa participación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario