Ordes,
01/07/2016 - Mañá sábado, 2 de xullo, ás 19.30 horas, o Campo da Feira de
Ordes encherase de xente chea de ritmo e ávida de exercicio físico para
participar na que será a primeira Salsation
& Zumba MasterClass que teña lugar en Galicia.
A convocatoria, de balde e aberta a todas
e todos os que queiran asistir, está organizada polas instrutoras Noelia Moledo
e Blanger Y. Figuera. Tamén ten confirmada a presenza a coñecida e popular
bailarina e master trainer Pipo Franco, que por primeira vez conducirá unha
sesión deste tipo en terras galegas. Sobre o escenario estarán tamén Lucía
Gómez e Alberto García como instrutores convidados.
Como colaboradores para levar a cabo esta
iniciativa figuran o Concello de Ordes, a asociación Movida Ordes, Salsation
Zumba Fitness, roupa deportiva M&F e Alessandra Maneiro perruquería.
Por outra banda, e xa dirixido a un público
máis profesional ou relacionado coa actividade deportiva e coreográfica, o
mesmo sábado de 9.30 a 13.30 horas terá lugar un workshop (obradoiro de
traballo) de salsation fitness de catro horas de duración, cuxo custo ascende a
30 €. Para inscribirse, as persoas interesadas poden facelo a través do correo
electrónico Nely.77@hotmail.com. O
lugar escollido para a súa celebración é a piscina Iván Raña. Está organizada
novamente por Noelia Moledo, ademais de por Blanger Yanilmira (M&F), que
tamén contan novamente coa colaboración do Concello de Ordes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario