Ordes, 30/06/2016 - Ordes xa ten nova data para o seu concurso de tapas. Será o
vindeiro mes de xullo, concretamente durante as dúas primeiras fins de semana
(días 1, 2, 3, 8, 9 e 10). Trátase da segunda edición deste concurso.
Novamente
será a clientela de todos estes bares e restaurantes a encargada de decidir
quen son os verdadeiros mestres á hora de poñerse diante dos fogóns. O xeito de
proceder será mediante as votacións plasmadas nos boletos repartidos e cuñados
posteriormente polos establecementos participantes. Cada establecemento contará
cunha urna selada onde deberán depositar os votos cuñados por cada un deles.
No mesmo
boleto cubrirán os seus datos persoais para poder optar aos premios do público.
Nesta segunda edición haberá tres lotes constituídos polos seguintes agasallos:
1º premio: O peso da persoa gañadora en cervexa Estrella Galicia, visita á
bodega de Petroni, cesta de cervexas Internacionais, cesta de embutidos
artesáns, botella Vallobera Mágnum. 2º premio: Visita á bodega Vallobera, vales
supermercado Eroski por un importe de 30 €, vale calzados Capitán (zapatillas
Mustang), botella Vallobera Mágnum. 3º premio: Vale de desconto en Javier
Alfonso, vale de desconto en deportes Capitán, cesta de froitas da froitería A
Nova, botella Vallobera Mágnum. A todo isto hai que engadir outros 20 premios
sorpresa a repartir entre todas as papeletas participantes. A tapa con maior
puntuación recibirá como premio 230 €, mentres que o segundo e o terceiro
clasificados 170 e 120 € respectivamente, ademais dunha botella Vallobera
Mágnum cada un deles. Para optar ao primeiro premio será necesario ter, polo menos
quince cuños, mentres que para o segundo e terceiro bastará con dez. O acto de
entrega de todos estes lotes terá lugar o 23 de xullo en horario de mañá, nun
acto que se desenvolverá no salón de plenos.
Ademais de co
Concello de Ordes a organización desta iniciativa, o sector hostaleiro de
Ordes, conta coa colaboración das seguintes firmas comerciais locais: Calzados
Capitán, carnicería Buyo, deportes Capitán, Eroski, Estrella Galicia, froitería
A Nova, Javier Alfonso, Petroni e Ramón García.
As persoas interesadas
poderán estar ao tanto de todas as novidades deste evento a través da páxina de
Facebook https://www.facebook.com/debodenteconcurso/.
Ningún comentario:
Publicar un comentario