Rois, 29/06/2016 - Xente de Rois presentou unha moción para debater no Pleno Ordinario de Rois do próximo luns 4 de xullo. Unha moción na que instamos ao equipo de goberno á redacción dun Plan Director de obras e mantemento, consensuado con asociacións de veciños, outras entidades, grupos de persoas implicadas no desenvolvemento do concello e mesmo as diferentes agrupacións políticas.
Hoxe en día, no que a sociedade esixe máis transparencia e participación na toma de decisións, por desgraza dúas cuestións esquecidas neste concello, desde Xente de Rois queremos manifestar e propor a elaboración dun plan director de obras e mantemento baseado nas necesidades reais do noso concello e elaborado, en prol da transparencia e participación, a partir dunha canle de comunicación real e eficiente coa sociedade de Rois. É notorio que desde hai anos na toma de decisións na execución de obras e no seu mantemento non hai un criterio establecido de prioridades, prioridades consensuadas e establecidas de antemán coa propia veciñanza.

Ningún comentario:
Publicar un comentario