Ordes,
30/06/2016 - Varias parroquias do
municipio de Ordes ultiman detalles
estes días para vivir unha fin de semana marcada pola festa, a diversión, a
música e o baile.
O Mesón do Vento celebrará O San Pedro,
patrón da parroquia, e O Carme dende este venres, 1 de xullo. Neste día a
partir das 21 horas haberá unha gran polbeira, que dará paso a unha gran
verbena a cargo da orquestra Ciudad Cristal e de Los Chunguitos.
Xa de cara ao
sábado, 2 de xullo, haberá misa solemne a partir das 13.30 horas seguida da
actuación do grupo Alcázar. Pola noite
volverán subir ao escenario, esta vez acompañados do dúo Azúcar Moreno.
Por último o domingo, 3 de xullo, novamente haberá misa, nesta ocasión ás 13.45
horas, na honra ao Santísimo Sacramento do Altar. O trío Unión y Fuerza serán
os encargados de facer bailar a todas e a todos na sesión vermú. Este mesmo día
tamén será unha xornada de lembranza para un dos nomes propios máis queridos da
zona, xa que se lle outorgará o nome Sacristán Francisco a unha das vías do
núcleo poboacional do Mesón do Vento.
Por outra banda, de cara ao domingo, 3 de
xullo, Barbeiros e Santa Cruz de Montaos honrarán á Virxe do Carme. En
Barbeiros haberá misa con procesión ás 13 horas, seguida dunha sesión vermú
amenizada con música en directo. A misa en Montaos comezará ás 13.30 horas e
contará coas actuacións dos grupos Panamá e Bang.
Ningún comentario:
Publicar un comentario