Ordes, 27/06/2016 - Un ano máis a parroquia de Buscás honrou por todo o alto ao seu patrón San Paio. Centos de veciños, veciñas e visitantes acudiron á cita festiva que contou coas actuacións das orquestras Compostela e Israel Espectáculo. A nota anecdótica viu dada pola xornada electoral celebrada tamén neste domingo, xa que foron moitas e moitos os lugareños que aproveitaron a sesión vermú para ir depositar as súas papeletas nas urnas do colexio electoral situado no mesmo campo da festa.
Entre os que non deixaron de acudir á dita celebración estaban o alcalde de Ordes e a concelleira de Educación, Benestar Social e Traballo, José Luis Martínez Sanjurjo e Susana García.
Ningún comentario:
Publicar un comentario