Santiago, 29/06/2016 - O programa ‘Acelerador de Transferencia’ presentarase en dúas xornadas que organiza a Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE) en Santiago, mañá día 30. Quen desexe asistir debe inscribirse previamente. O Acelerador é unha iniciativa orientada a facilitar a transferencia ao mercado de resultados de investigación xerados polos grupos da USC.
A presentación correrá a cargo de representantes da USC e contará ademais coa participación de grupos de investigación que foron seleccionados en edicións anteriores para desenvolver os seus proxectos de valorización para achegar a súa experiencia ao paso por este programa.
En Santiago, a sesión do día 30 desenvolverase a partir das 12.30 no CIQUS coa intervención da vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes Rey, e de José Manuel Cotos. Logo da presentación do programa a cargo de José Luis Villaverde terá lugar a exposición dos casos de éxito de Marta Lores Aguín, do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, e de Arturo Casal Villar, investigador predoutoral no CiTIUS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario