Cidadáns Ames demanda que o posto de xuíz de paz sexa cuberto por demandantes de emprego en risco de exclusión social

Ames, mércores, 29 de xuño de 2016-  O voceiro de Cidadáns no Concello de Ames, Javier López, trasladoulle ao alcalde de Ames a necesidade de que se prioricen aqueles perfiles de demandantes de emprego en risco de exclusión social de cara a cubrir o posto de xuíz de paz no municipio.
Este será un dos temas incluídos na orde do día do próximo pleno que terá lugar este xoves, 30 de xuño.

Para Javier López, “este sería máis que un xesto por parte do Goberno municipal á hora de priorizar aqueles colectivos que o están pasando mal no noso concello, xa que ratificaría e revalidaría a aposta pola política social da que tanto se fala desde os partidos que forman o goberno local de Ames”.


Neste sentido, o voceiro de Cidadáns en Ames defende que o candidato a este posto proveña dun colectivos de profesionais con experiencia laboral, con máis de 45 anos, muller, con formación académica e tamén complementaria adquirida a través dos distintos servizos públicos de emprego, sen paro e sen prestacións de ningún tipo, é dicir, “que reúna a maior parte dos aspectos que definen os colectivos sensibles de exclusión social”.

Ningún comentario: