![]() |
| Mónica González e Ivita Alvite de Dama Synergie |
Amosando publicacións coa etiqueta CAMARA COMERCIO COMPOSTELA b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CAMARA COMERCIO COMPOSTELA b>. Amosar todas as publicacións
Sete novas empresas o viveiro de empresas da Cámara de Comercio
A Cámara de Comercio promove a mobilidade
Santiago, 07/07/2016 - A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela participa no proxecto IPEYE2, cofinanciado polo programa europeo “Erasmus para Jóvenes Emprendedores”.
A Cámara de Comercio organizou unha xornada de competencias dixitais en colaboración con Google
Santiago, 01/07/2016 - Máis de cen pemes galegas participaron esta tarde na Cámara de Comercio de Santiago no taller presencial de Activa o teu Negocio, o proxecto impulsado por Google co obxectivo de optimizar a presenza e participación online das pemes a través de formación en competencias dixitais e no que participan como socios a Fundación Incyde das Cámaras de Comercio, BBVA e CEPYME.O embaixador de Turquía visitou a Cámara de Comercio
Santiago, 01/07/2016 - O presidente da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e
Navegación de Santiago de Compostela, Jesús Asorey, o secretario xeral, Fernando
Barros, e o técnico de comercio exterior da entidade, Fernando Pérez-Soba, reuníronse na sede cameral co embaixador da República de Turquía en España, Ömer
Önhon, a conselleira Comercial da Embaixada, Fatma Kayhan, e o cónsul honorario
de Turquía en Galicia, Francisco Peleteiro. Analizaron as relacións comerciais
e as oportunidades de negocio que ofrecen ambos territorios.A Cámara de Santiago reclama ás forzas políticas pactos que garantan a estabilidade

Santiago de Compostela, 10/6/2016 - Ante as vindeiras
eleccións xerais do 26 de xuño e despois de que as principais forzas políticas non
alcanzaran un acordo para formar goberno tralos comicios do pasado 20 de decembro,
a Cámara de Comercio de Santiago, en liña co comunicado do comité executivo da Cámara
de España, solicita un debate inmediato e efectivo entre os diferentes partidos
políticos. A Cámara de Comercio remata o 2015 cun resultado positivo de 6.798,64 euros
7/6/2016 - A Cámara de Comercio de Santiago presentou no último pleno ordinario, celebrado o pasado 30 de maio, as Contas Anuais de 2015. O resultado positivo do pasado exercicio cifrouse en 6.798,64 euros, mentres que para este ano en curso se manexa un presuposto que ascende a 1.018.000 euros, ingresos que proceden dos servizos prestados, as aportacións voluntarias das empresas e os convenios coas Administracións Públicas.Unha vintena de empresas participan nun encontro con representantes ingleses da Cámara de Comercio de Wirral
22/5/2016 - A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela organizará o próximo mércores, día 25, un encontro empresarial coa Cámara de Comercio de Wirral (Inglaterra) no que participarán máis de vinte empresas galegas dos sectores do viño, queixos, empresas cárnicas de razas locais e embutidos, granitos, perfís de aluminio, carpintería industrial e mobiliario de cociña.
A Cámara organiza un curso para vestir de forma axeitada no ámbito laboral
O curso de personal shopper estará impartido por Miryam Giménez, docente de Somos Asesores de Imagen. Celebrarase do 23 de maio ao 7 de xuño nas aulas formativas da entidade, en horario de 20:00 a 22:00 horas

A Cámara de Comercio informa das accións necesarias para ter tolerancia cero coa violencia de xénero
A avogada Mª Ángeles García presentará o protocolo de prevención de violencia de xénero nos lugares de traballo ás 19:30 horas de hoxe martes no salón de actos da Cámara
A avogada e delegada territorial en Galicia da Asociación Española de Auditores Socio laborais,
A Cámara de Santiago formalizan a colaboración coa Asociación de jóvenes Empresario
Establecerán accións de “colaboración, coordinación e cooperación” para aproveitar sinerxías e evitar duplicidades
O Presidente da Deputación de A Coruña visita o viveiro de empresas de Costa Vella
O presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey Carril, recibiu no viveiro de empresas de Costa Vella ao presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que percorreu as instalacións da incubadora cameral, cualificada polo informe da Fundación de las Cajas de Ahorros (FUNCAS) como o mellor viveiro de España en 2015.
Os directivos camerais fixeron unha ampla exposición sobre os servizos de asesoramento empresarial e xurídico que o viveiro presta aos emprendedores e, posteriormente, amosaron polo miúdo as instalacións ao presidente do órgano provincial, cuxa visita se prolongou durante unha hora. Segundo manifestou Jesús Asorey, a mellor política laboral é “apostar polo emprendemento como base do emprego” na actual conxuntura económica.
O presidente da Deputación da Coruña salientou o “excelente funcionamento” do viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago, e afirmou que a institución provincial buscará “aproveitar a experiencia e o coñecemento” da entidade para o fomento de accións de apoio a emprendedores e “exportar este modelo” a outros puntos da provincia.
A incubadora alberga actualmente a 44 empresas
O viveiro de empresas de Cámara acolle na actualidade a 44 empresas, o que supón un nivel de ocupación do 80%. Desde o seu nacemento en 2006, pasaron pola incubadora un total de 146 firmas, cunha taxa de supervivencia empresarial do 76%, cifras que amosan o seu correcto funcionamento e a calidade do seu emprendemento.
O viveiro xerouse para impulsar a creación, crecemento e consolidación de empresarios individuais e empresas. Forma parte activa da Rede Incyde, a maior de Europa, que actualmente engloba a 117 incubadoras en activo, o que permite aos viveiristas ter acceso a unha axenda internacional de contactos e eventos.
Cunha superficie construída de 1.599,8 m2, con catro alturas, 24 oficinas, salas de reunións e aulas, o viveiro está dedicado integramente á incubación de proxectos. Sumado aos servizos de infraestrutura e loxística, os viveristas reciben formación, tutorización e asesoramento especializado segundo as súas necesidades. E de maneira complementaria, ofrece a opción do viveiro virtual para aqueles que non precisen, polas características da súa actividade empresarial, dun espazo físico onde situarse, pero sí a infraestrutura, loxística e servizos ofertados polo viveiro.
Reactivación económica, máis emprego e mellores infraestruturas
Tras a visita á incubadora, o presidente da Deputación mantivo unha reunión cos representantes do Foro Cívico Empresarial na sede da Cámara de Comercio, para tratar cuestións sobre a situación actual das infraestruturas viarias e ferroviarias pendentes na cidade, e outros temas relevates de carácter económico.
O Foro trasladou a García Formoso a súa preocupación polo estado actual das obras en infraestruturas relevantes en Santiago de Compostela neste 2016, como son o orbital e os enlaces da AP9, A-54, polígonos industriais e Cidade da Cultura, a estación intermodal, a estación de carga de mercadorías da Sionlla e o túnel de Conxo e a variante de Aradas.
O colectivo considera fundamental continuar coa demanda dunha auténtica estación intermodal para Santiago e a reclamación do proxecto. O colectivo cre que a construción da estación intermodal é unha necesidade para a capital de Galicia, que se fai máis visible coa chegada do AVE e o aumento do nivel de pasaxeiros, que beneficiará economicamente a todos os sectores de negocio da cidade.
Pola súa parte, González Formoso destacou que “a principal aposta e a liña de traballo transversal da Deputación durante o presente mandato vai a ser a xeración de emprego, o apoio ao emprendemento e a todo aquel proxecto que supoña xeración de actividade económica na provincia”.
Neste sentido, subliñou que a institución que preside ven de presentar un Plan de Emprego cun orzamento de 7 millóns de euros, que multiplica por 6 o investimento que ata agora destinaba a Deputación a esta materia, o que amosa o “compromiso” do Goberno provincial neste aspecto.
Formoso repasou algunhas da liñas principais deste novo plan do que se beneficiarán parados de longa duración e persoas con dificultades de inserción laboral, os concellos coruñeses e pemes e proxectos emprendedores da provincia, que contarán con incentivos para a contratación de persoal e para impulsar a posta en marcha de novos proxectos empresariais que contribúan a reactivación económica da provincia.
Integran o Foro Cívico Empresarial Cámara de Comercio de Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, Asociación de Empresarios de Hostelería de Santiago y Comarca, Fundación Santiago Centro, Real Sociedad Económica de Amigos del País, Fundación Ruta Xacobea de Mar de Arousa e Ulla, Colexio de Avogados de Santiago, Colexio de Economistas, Colexio de Arquitectos, Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais, Colexio de Enxeñeiros Industriais, Colexio de Procuradores, Asociación do Polígono do Tambre, Rotary Club, Asociación de Antigos Alumnos da USC, Asociación de Periodis
A Cámara recibe o Premio Fulget 2015, como a mellor entidade colaboradora na formación dos estudantes
A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela foi elexida entidade gañadora do Premio Fulget 2015, outorgado pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela (USC). O presidente cameral, Jesús Asorey, recibiu de mans do vicerreitor de Oferta Docente e Innovacion Educativa da USC, Roberto López, e da decana da facultade, María Emilia Vázquez, o diploma acreditativo no marco do programa de actos do día do patrón da facultade.
O Premio Fulget é unha distinción de periodicidade anual que a Facultade de Económicas entrega a unha empresa ou colectivo empresarial galego en recoñecemento a súa colaboración en accións encamiñadas a mellorar as relacións entre a actividade académica e a contorna profesional.
Jesús Asorey manifestou que para a Cámara de Comercio é un “orgullo verdadeiramente especial” recibir o Premio Fulget da Facultade de Económicas, pola “vocación universitaria” da entidade e pola crenza firme na “trascendencia da formación”. Ao ser acredores desta distinción, o presidente indicou que están na obriga de redoblar o “compromiso, esforzo e ilusión” por lograr, en colaboración coa facultade, novas metas e retos cada vez máis elevados.
O presidente cameral explicou que é fundamental instruír a futuros empresarios, economistas e traballadores cualificados para convertelos en profesionais competitivos na sua saída ao mercado laboral. Nesta misión leva anos involucrada a Cámara de Comercio, xestionando prácticas dos estudantes de Económicas nas instalacións da entidade con diversas orientacións, realizando valoracións das programacións curriculares e ofrecendo formación en emprendemento.
Como reseña histórica, Asorey lembrou que desde 2010 os estudantes dos últimos cursos do Grao e do Máster da facultade visitan o viveiro de Costa Vella, recoñecido recentemente como a mellor incubadora de empresas de España, segundo o informe Funcas. No viveiro, os universitarios coñecen de primeira man o seu funcionamento, as instalacións, e os servizos de asesoramento e de plan de empresa. En 2015 visitaron a incubadora 360 de escolares e universitarios.
A Cámara presenta a cuarta edición dos cursos de contabilidade e xestión laboral
A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela presentará hoxe a cuarta edición dos cursos prácticos de “Contabilidade e análise de balances” e “Xestión e práctica laboral”, que organiza o Instituto Empresarial de Contabilidad y Economía (IECE) en colaboración coa entidade cameral, o Colexio de Avogados de Santiago e Abanca. O director de Zona de IECE, José Ramón Secades, presentará a xornada ás 20:15 horas no salón de actos, acompañado polo vicepresidente cameral, José Luis Rodríguez Dacal.
Estes cursos, de carácter práctico, impartiranse nas aulas formativas da Cámara de Comercio do 11 de abril ao 4 de maio. Os participantes poderán aprender en pouco tempo a levar correctamente a contabilidade dunha pequena e mediana empresa e tamén a controlar a administración dun departamento de persoal para aumentar a rendibilidade do negocio. Están dirixidos a un amplo colectivo que necesita coñecer a contabilidade, ben para o seu quefacer diario ou por responsabilidade para recibir información financeira da empresa e tomar decisións contables, administrativas, directivas, xudíricas ou de formación relevantes.
Estes cursos son bonificables pola Fundación Tripartita. Ademais, as empresas asociadas á Cámara de Comercio de Santiago recibirán descontos ventaxosos para cursar a formación. Os interesados en participar poden solicitar información e inscribirse nas dependencias da entidade cameral (rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo).
A Cámara de Comercio inicia hoxe un curso en escaparatismo e visual merchandising
A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela inaugurará o vindeiro 4 de abril tres cursos de escaparatismo e visual merchandising, formación para controlar a empresa e o seu cadro de mando, e un curso de Excel financeiro. Celebrararanse ata o 14 de abril en horario de 20:00 a 22:00 horas nas aulas formativas da Cámara.
O curso de escaparatismo e visual merchandising pretende sensibilizar e convencer aos participantes da eficacia e rendibilidade en imaxe e vendas que ten a actualización dun negocio. O seu obxecto é a traer a novos clientes usando o “espazo e exposición, a cor e a iluminación” para presentar os produtos con ideas e formas actuais.
Os comerciantes que asistan ao curso obterán coñecementos para facer o deseño dun escaparate “orixinal”, con montaxes de diversas temáticas, o uso de técnicas creativas e de baixo custo como o origami, ou máis sofisticadas como os escaparates interactivos, ademais de innovar no uso da luz con montaxes a base de leds.
Ademais, o curso introducirá aos participantes no concepto de visual merchandising, ou o que é o mesmo como estruturar a tenda para aumentar as vendas creando puntos quentes e fríos no espazo, empregando o mobiliario estratexicamente, creando un ambiente idóneo para a compra ou seguindo un planograma para colocar os produtos segundo os hábitos de compra dos consumidores.
O control, clave para a viabilidade futura dunha empresa
A Cámara de Santiago organiza tamén un curso no que os asistentes aprenderán a deseñar un sistema de control de xestión para as súas empresas, onde se explicarán as principais características do cadro de mando dunha pequena e mediana empresa. A formación persegue que os participantes comprendan que un sistema de control de xestión nun negocio é a clave para a súa viabilidade futura.
O terceiro curso que se iniciará a próxima semana será de Excel financeiro. Os alumnos poderán mellorar no manexo da aplicación orientada á xestión financeira dun departamento de administración e control de xestión dunha empresa. Ademais, coñecerán esta ferramenta informática para poder elaborar documentos financeiros e económicos da xestión empresarial.
Os universitarios de Compostela poderán optar a prácticas en Estados Unidos
A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela informa aos mozos e mozas da súa demarcación sobre as posibilidades que ofrece un convenio de colaboración asinado entre a Fundación Incyde e a Fundación Advanced Leadership para a realización de prácticas profesionais en Estados Unidos a través do programa Iniciativa de Liderazgo Incyde.
O programa ten como obxecto contribuír ao enrequecimento profesional e cultural da mocidade ofrecéndolle a posibilidade de realizar prácticas profesionais nalgunhas das máis prestixiosas empresas e institucións, tanto públicas como privadas, con sede en Washington D.C., entre as que destacan Coca Cola, Cisco Systems, Microsoft, Congreso dos Estados Unidos ou no FMI.
A iniciativa ofrece a mozos e mozas recén licenciados ou estudantes de últimos cursos universitarios, menores de 29 anos e cun alto nivel de inglés, todas as ferramentas necesarias para desenvolver habilidades e conexións corporativas que lles permitirá manter unha vantaxe competitiva. As prácticas realizaranse durante un período de cinco meses. A data límite para a presentación de solicitudes será o 25 de abril ás 13:00 horas.
Os participantes na Iniciativa de Liderazgo Incyde aloxaranse en pisos situados no centro de Washington D.C. As residencias sitúanse en NoMa, un distrito moderno preto do Capitolio estadounidense. Vivirán en pisos de 90 metros cadrados completamente amueblados e con todos os servizos necesarios.
Cámara de Comercio - Mesa redonda “Interconexión e cultura: De Santiago a Bos Aires”
A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela acolle hoxe a visita dunha embaixada cultural arxentina, formada por representantes institucionais e empresarios, na procura de estimular a “interconexión” entre o país sudamericano e Galicia. Con tal motivo celebrarase unha mesa redonda titulada “Interconexión e cultura: De Santiago a Bos Aires”.
A sesión será ás 20:00 horas no salón de actos da entidade cameral e participarán o director nacional de Mecenado e presidente do Consello de Promoción Cultural da cidade autónoma de Bos Aires, Juan Manuel Beati, a escritora e xornalista Mariana Vicat Machado, o secretario de Comercio Exterior da Federación de Comercio de Bos Aires, Benito Blanco, e o enxeñeiro e empresario de orixe galega, Manuel Seoane, que falará da seguridade xurídica que ofrece o país ás empresas estranxeiras.
Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, que acompaña á delegación arxentina na súa xira por Galicia, presentará e moderará a mesa, destacando os vínculos entre galegos e arxentinos: “Bos Aires é a quinta provincia galega, foi refuxio de galeguistas durante a Guerra Civil Española e a posguerra, editáronse libros que aquí non deixaban imprimir, en fin, e que familia galega non ten algún parente en Arxentina?”.
O presidente da Cámara, Jesús Asorey, presentará o encontro e dará a benvida a Compostela aos integrantes desta embaixada cultural.
Cámara de Comercio - Novos cursos no mes de abril
A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela acolle a cuarta edición dos cursos prácticos de “Contabilidade e análise de balances” e “Xestión e práctica laboral”, que organiza o Instituto Empresarial de Contabilidad y Economía (IECE) en colaboración coa entidade cameral, o Colexio de Avogados de Santiago e Abanca.
Estes cursos impartiranse nas aulas formativas da Cámara de Comercio do 11 de abril ao 4 de maio. Os participantes poderán aprender en pouco tempo a levar correctamente a contabilidade dunha pequena e mediana empresa e tamén a controlar a administración dun departamento de persoal para aumentar a rendibilidade do negocio. Están dirixidos a un amplo colectivo que necesita coñecer a contabilidade, ben para o seu quefacer diario ou por responsabilidade para recibir información financeira da empresa e tomar decisións contables, administrativas, directivas, xudíricas ou de formación relevantes.
Para presentar en detalle os cursos, a Cámara de Comercio organizará o luns, 4 de abril, unha xornada de presentación que estará dirixida polo director de Zona de IECE, José Ramón Secades, ás 20:15 horas no salón de actos cameral. Na suma das pasadas edicións cursaron a formación máis de 980 alumnos.
Son cursos programados e eminentemente prácticos, baseados no novo método de Ensinanza Programada, que ofrece ao alumno a posibilidade de estudar por si mesmo o tema presentado e aprender ao seu propio ritmo. “Úsanse técnicas pedagóxicas avanzadas e experimentadas, onde se establece unha relación directa e individualizada entre alumno e profesor grazas ao uso da tecnoloxía informática” –apunta Secades–.
O curso de contabilidade e análise de balances pretende formar ao alumno na contabilidade financeira, cunha introdución ao balance e con información sobre termos como o activo imobilizado material, amortizacións, Plan Xeral de Contabilidade, activo inmobilizado, activo circulante, patrimonio neto e pasivo, perdas e ganancias e gastos e ingresos. Ademais, os alumnos recibirán prácticas básicas sobre contabilidade informatizada. José Ramón Secades di que ao finalizar o curso o alumno poderá desenvolver calquera tipo de contabilidade e manexarse co plan contable, a técnica contable e traballar con programas de xestión, realizando un ciclo contable completo co fin de obter as contas anuais.
E o curso de Xestión e Práctica Laboral axudará aos traballadores dunha empresa a coñecer todos os conceptos necesarios para formalizar o encabezamento do recibo de salarios. Analizaranse a estrutura do Sistema de Seguridade Social, a filiación, os tipos de cotizacións, as tipoloxías de prestacións por incapacidade temporal por enfermidade, accidente laboral ou baixa por maternidade. Utilizarán tamén o programa Nomina Plus e estudarán conceptos de lexislación laboral.
José Ramón Secades explica que ao finalizar a formación de xestión laboral o alumno poderá facer trámites para dar de alta unha empresa, afiliar a un traballador e dalo de alta, facer unha nómina ou a liquidación de seguros sociais. “Cos programas de xestión axeitados poderá realizar una simulación de como levar un departamento de persoal, facer cálculo de finiquitos, indemnizacións, afrontar situacións de redución de xornada por circunstancias persoais, o tempo parcial, características e redacción de contratos para a formación, de prácticas, a contratación temporal, o pluriemprego, ou a folga” –indica o experto–.
Estes cursos son bonificables pola Fundación Tripartita. Ademais, as empresas asociadas á Cámara de Comercio de Santiago recibirán descontos ventaxosos para cursar a formación. Os interesados en participar poden solicitar información e inscribirse nas dependencias da entidade cameral (rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







