Amosando publicacións coa etiqueta VEDRA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VEDRA. Amosar todas as publicacións

Curso de formación en Vedra organizado pola asociación Berenguela

Vedra, 24/08/2016 - A Asociación Berenguela, de Vedra, está a organizar un curso orientado a mellorar a formación e incrementar así as opcións de inserción laboral de mulleres e homes do entorno.

Vedra pecha este xoves os cursos de natación e realiza unha nova observación astronómica

Vedra, 23/08/20106 - Continúan as actividades de verán no concello de Vedra, este xoves remata as accións que se levaron a cabo na piscina e pola noite chega a posibilidade de ollar as estrelas.

Último día dunha fin de semana intensa en Vedra

Vedra, 21/08/2016 - O concello de Vedra remata hoxe unha fin de semana que estivo desde o venres chea de actividades e faino con 3 citas ao longo do día.

Comeza unha fin de semana chea de actividades no concello de Vedra

Vedra, 19/08/2016 - Unha xornada moi intensa no concello de Vedra a de este venres, conacontos, espantallos ou cine son algunhas das actividades que abren unha fin de semana moi intensa.

Intercambio europeo en Vedra

Vedra, 18/08/2016 - “Algo noso 2.0” é o nome do proxecto que está promovendo un intercambio entre 36 xóvenes de Galicia e Portugal; das entidades ACUXUVE de Vedra e AJ Deao de Viana do Castelo; e que ten como finalidade recuperar e promocionar a cultura e as tradicións galegoportuguesas.

Vedra acollerá o 25 de setembro a primeira BTT da Ruta do Viño Rías Baixas

Vedra, 02/08/2016 -  A Ruta do Viño Rías Baixas celebrará a súa primeira BTT o vindeiro domingo 25 de setembro e discorrerá polo municipio de Vedra. Así se indicou na presentación oficial da cita que tivo lugar no salón de plenos do concello vedrés. Nela participaron o presidente desta asociación sen ánimo de lucro, Juan Gil de Araujo, e o alcalde, Carlos Martínez Carrillo.

Vedra pide aos veciños que coiden da imaxe do concello


Vedra, 22/07/2016 - O Concello de Vedra lembra, nesta temporada estival, a importancia de cumprir a normativa da ordenanza municipal de residuos e reguladora das condicións para o mantemento da salubridade e ornato público no termo municipal que prohibe a colocación de carteis fóra dos lugares habilitados, especialmente en sinais de tráfico, marquesiñas, colectores de lixo,...

Vedra potencia o turismo con guías, bicicletas e canoas

Vedra, 09/07/2016 - Un ano máis o concello de Vedra pon todo da súa parte para que os turistas poidan visitar o concello e disfrutar de distintas actividades.
Na Casa Reitoral de Ponte Ulla o concello volve a contar cun punto de atención e información turística tódolos días de 11 a 14  e de 16 a 19 horas.

A banda de música Santa Cruz de Ribadulla presenta un CD

de esquerda a dereita: José Rodríguez Ramos
 (director da banda de música Santa Cruz de Ribadulla), 
Carlos Martínez Carrillo (alcalde de Vedra), 
Raquel Cutrín Carbía (vicepresidenta da Asociación 
da banda de música Santa Cruz de Ribadulla)
 e Enrique Vázquez Martínez (concelleiro de cultura de Vedra)
Vedra, 02/07/2016 - A casa consistorial de Vedra acolleu onte venres 1 de xullo a presentación oficial do cd musical da banda de música Santa Cruz de Ribadulla.

Obradoiro de graffiti no concello de Vedra

Vedra, 14/6/2016 - O concello de Vedra organiza o próximo sábado un obradoiro de graffiti aberto a todo o mundo.

Vedra acolle un curso para mellorar a empregabilidade

8/6/2016 - A Asociación Berenguela pola Igualdade, do concello de Vedra, propón un curso para mellorar a capacidade de atopar emprego.

O IBI terá criterios sociais en Vedra

4/6/2016 - O Pleno de Vedra do día 30 de maio aprobou a moción presentada polo BNG-Asembleas Abertas para reestruturar o Imposto sobre Bens Inmobles incorporando un paquete de medidas – vía bonificacións - para acadar unha fiscalidade máis xusta socialmente.

BNG – Asembleas abertas de Vedra e Veciñ@s de Boqueixón presentan unha moción para regular os procesos selectivos de persoal

30/5/2016 - Os grupos municipais do BNG – Asembleas Abertas e Veciñ@s de Boqueixón, veñen de presentar este xoves unha moción co fin de que se regulen os procedementos de selección de persoal de ambos concellos, de xeito que se garanta a obxectividade de todo o procemento.

Vedra pecha o 2015 con 51,000 euros de déficit

25/5/2016 - O BNG-Asembleas Abertas culpan do desequilibrio orzamentario ás obras electoralistas do goberno neste período

Vedra e Boqueixón traballan na prevención de drogas

20/5/2016 - O Servizo de Prevención de Drogodependencias de Boqueixón en colaboración co Concello de Vedra e o centro educativo, desenvolveu durante os meses de abril e maio un Obradoiro de Prevención do consumo de drogas co alumnado de 4º E.S.O do C.P.I de Vedra.

A historia da imprenta na biblioteca Municipal de Vedra

19/5/2016 - Dende o pasado venres 13 de maio e ata o 31 deste mesmo mes a biblioteca municipal de Vedra acolle unha mostra da historia da imprenta (do 4000 A.C. ata 1985). De luns a venres de 16 a 19 h está aberta ao público e tamén se poden concertar visitas guiadas con inscrición previa no teléfono 981 814 691 ou no enderezo electrónico cultura@concellodevedra.com 

O alcalde de Vedra esixe solucións aos continuos cortes de luz

Durante os pasados días 4 e 5 de maio sucedéronse continuados e incomprensibles cortes no subministro eléctrico en varias parroquias do concello de Vedra, que afectaron a unha boa parte da veciñanza.