Santiago, 23/08/2016 - O Cinema NUMAX recibe o sábado 27 de agosto ás 19:50 a visita de Eloy Domínguez Serén, un dos expoñentes máis importantes do Novo Cinema Galego. O cineasta de Meis (Meaño, Pontevedra) presentará en sala unha das súas últimas creacións, No Cow on the Ice, que terá súa estrea absoluta en cines o mércores 24 de agosto en NUMAX.
Amosando publicacións coa etiqueta NUMAX b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NUMAX b>. Amosar todas as publicacións
Eloy Domínguez Serén visita NUMAX para presentar o seu filme «No Cow on the Ice»
Santiago, 23/08/2016 - O Cinema NUMAX recibe o sábado 27 de agosto ás 19:50 a visita de Eloy Domínguez Serén, un dos expoñentes máis importantes do Novo Cinema Galego. O cineasta de Meis (Meaño, Pontevedra) presentará en sala unha das súas últimas creacións, No Cow on the Ice, que terá súa estrea absoluta en cines o mércores 24 de agosto en NUMAX.NUMAX e Curtocircuíto amplían a súa colaboración coa proxección periódica de curtametraxes
Santiago, 14/07/2016 - Un ano máis, o Cinema NUMAX e Curtocircuíto. Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela xuntan forzas para organizar actividades en común. A colaboración neste 2016 iníciase coa inclusión periódica na carteleira de NUMAX de distintas curtametraxes seleccionadas nas últimas edicións do festival. A primeira delas será Sangre de unicornio, do coruñés Alberto Vázquez, que se vai pasar antes de cada proxección de Bruja, más que bruja, de Fernando Fernán Gómez.
Jesús Castro presenta «Os nomes e os himnos» na Libraría NUMAX
Santiago, 29/06/2016 - O poeta Jesús Castro Yáñez (Baltar, A Pastoriza, 1992) achegarase á Libraría NUMAX para presentar o seu poemario Os nomes e os himnos, editado por Espiral Maior, co que obtivo o Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé en 2015. Mónica Doldán presenta «Registros del pozo azul» na Libraría NUMAX
A artista e deseñadora gráfica Mónica Doldán expón na Libraría NUMAX (R/ Concepción Arenal, 9, Santiago de Composetla) a súa última creación, que leva por título Registros del pozo azul. A exposición será presentada pola propia artista hoxe venres 29 de abril ás 20:00.
Programación Numax do 15 ao 21 de abril de 2016
Dúas estreas francesas e unha visita moi especial
A carteleira do Cinema NUMAX renóvase o venres 15 de abril coa estrea de dous filmes franceses que veñen de acadar unha moi boa acollida en festivais internacionais. O primeiro deles é Meu amor, terceira longametraxe da directora francesa Maïwenn Le Besco que nos propón un arrebatador drama romántico protagonizado polo grande actor galo Vicent Cassel e unha Emmanuelle Bercot que obtivo polo seu papel no filme a Palma de Ouro en Cannes á mellor actriz. En palabras do crítico Leslie Felperin, atopámonos ante «un drama romántico moi vivo e quintaesencialmente francés; resulta un pracer pasar o tempo na compaña destes personaxes».
Tamén do país veciño provén O novato, unha entretida comedia apta para todas as idades que nos presenta a Benoît, un rapaz que chega á cidade procedente do campo e atopa certos problemas para se adaptar. A ópera prima do director Rudi Rosenberg tivo unha moi boa recepción na pasada edición do Festival de Cinema de Donostia, onde gañou o premio Novos Directores e recibiu críticas eloxiosas como a de Carlos Loureda para Fotogramas: «Cun sentido impecábel do ritmo, unha dirección meticulosa e un humor elegante, sincero e continuo, un dos máis gratos, amábeis e divertidos filmes da 63ª edición do festival de Donostia».
O luns 18 comezamos a semana cunha cita imprescindíbel. Charles Burnett, autor de culto do cinema independente e un dos meirandes cineastas afroamericanos da historia, visita NUMAX. Ademais da súa participación na Aula «Os ollos verdes», viviremos a reestrea do seu filme máis nomeado, Killer of Sheep. Concibido a xeito de retrato da vida cotiá na comunidade negra de Watts, en Los Angeles, Killer of Sheep foi seleccionado pola Biblioteca Nacional do Congreso polos seus valores históricos e artísticos e aclamado de xeito unánime pola crítica como «unha obra mestra, un dos dramas máis profundos e auténticos sobre a vida dos afroamericanos, un dos máis grandes filmes norteamericanos; e punto», sinala Dave Kehr.
Últimos pases en NUMAX
Uns filmes chegan e outros despídense da pantalla de NUMAX. Este é o caso de Cemetery of Splendour, filme co que Apichatpong Weerasethakul se despide da realización no seu país natal, Tailandia. A fita terá o seu último pase o martes 19 de abril.
Xa o xoves 21 proxectarase por última ocasión en NUMAX Encadeados. Tedes daquela unha semana máis para seguir gozando dun dos cumios creativos do grande Alfred Hitchcock e dun trío protagonista en estado de graza, formado por Ingrid Bergman, Cary Grant e Claude Rains.
AULA OS OLLOS VERDES #03: CHARLES BURNETT
A terceira entrega da Aula «Os ollos verdes» contará coa participación de Charles Burnett, autor de culto do cinema independente afroamericano. Burnett visita NUMAX o luns 18 de abril ás 17:30 para impartir a clase maxistral «Contra quen pelexo esta noite?», na que afondará na súa traxectoria artística. Ás 20:30 o cineasta presentará en sala o seu filme máis célebre, Killer of Sheep, participando nun coloquio co público asistente.
Meu amor
(Maïwenn Le Besco, 2015)
A historia segue a Tony, que está ingresada nun centro de rehabilitación despois dunha grave caída esquiando. Dependente do persoal médico e os analxésicos, toma o tempo necesario para lembrar unha axitada historia de amor con Georgio. Por que se quixeron? Quen é realmente o home ao que amaba? Como foi quen de se someter a unha paixón tan abafante como destrutiva?
O novato
(Rudi Rosenberg, 2015)
Benoît, un rapaz de catorce anos, deixou o campo para se mudar a París. O seu primeiro día no colexio resulta ser máis difícil do que esperaba e pronto se sente illado. Até que un día Johanna, unha nova compañeira sueca, chega á clase. Benoit decide organizar unha festa en casa, pero só aparecen tres persoas... tres chaponas, Aglaée, Red Head e Constantin. Contra todo prognóstico, pasan unha noite fantástica xuntos.
Killer of Sheep
(Charles Burnett, 1978)
Retrato da vida dun home común, un traballador negro dun matadoiro de Los Angeles, cunha vida chea de dificultades e contradicións no seu ámbito social e familiar. Era 1977 e Charles Burnett, estudante de raza negra da Universidade de California - Los Angeles (UCLA), capturaba coa súa cámara de 16 milímetros e un grupo de actores principiantes a vida no suburbio de Watts.
Programación
Venres 15 de abril
12:00 Encadeados
15:45 Meu amor Estrea
18:10 Cemetery of Splendour
20:30 O novato Estrea
22:10 Meu amor
Sábado 16 de abril
12:00 Meu amor
15:45 Encadeados
17:45 O novato
19:20 Cemetery of Splendour
21:40 Meu amor
Domingo 17 de abril
12:00 Cemetery of Splendour
15:45 O novato
17:20 Encadeados
19:20 Meu amor
21:50 O novato
Luns 18 de abril
17:30 Aula Charles Burnett: «Contra quen pelexo esta noite?»
20:30 Killer of Sheep Estrea
Coa presenza do director
Martes 19 de abril
15:45 Encadeados
17:45 O novato
19:20 Meu amor
21:40 Cemetery of Splendour
Último pase
Mércores 20 de abril
12:00 O novato
15:45 Meu amor
18:10 Encadeados
20:10 Killer of Sheep
21:45 O novato
Xoves 21 de abril
12:00 Meu amor
15:45 O novato
17:20 Killer of Sheep
19:00 Encadeados
Último pase
21:00 O novato
VO: Versión orixinal sen subtítulos | VOSG: Versión orixinal subtitulada en galego
Na Libraría NUMAX
Historias reales
Sophie Calle
La Fábrica publica por vez primeira en español o clásico de Sophie Calle, que inclúe ademais, algunhas historias inéditas que a artista engadiu a esta edición. Nela Calle une 47 fotografías con 47 relatos biográficos para crear dípticos que acaban coas fronteiras entre os xéneros: novela, fotolibro, diario persoal, etc.
Cartas precedidas de las actas del proceso por estupro
Artemisia Gentileschi
Neste volume reprodúcense as actas do proceso da pintora Artemisia Gentileschi contra Agostino Tassi, consistente nos interrogatorios e as declaracións da acusación, do imputado e das distintas testemuñas sobre o tema concreto do estupro.
Programación NUMAX do 8 ao 14 de abril de 2016
Estrea en NUMAX de «Lobos sucios», «Encadeados» e «Cemetery of Splendour»
A semana cinematográfica de NUMAX iníciase o venres 8 de abril coa estrea da fita galega Lobos sucios. A nova creación de Simón Casal sitúanos en tempos da Segunda Guerra Mundial, un período histórico no que Galicia xogou un papel estratéxico a nivel internacional por mor da existencia no noso subsolo do wólfram, un mineral empregado polos nazis para o seu armamento. Inspirado libremente en feitos e historias reais, o filme achega «personaxes ao límite nun ambiente de desolación que se ven obrigados a lanzarse a unha aventura épica, de espionaxe e roubo dunha mina, na que se xogan a vida a cada paso e onde xurdirá a maxia, o suspense e a emoción», sinala Simón Casal. Lobos Sucios contará en NUMAX con seis proxeccións, sendo o último pase o xoves 14 de abril.
O propio venres día 8, dentro da sección Repertorio, terá lugar a estrea de Encadeados, unha das incontestábeis obras mestras de Alfred Hitchcock. A partir dun sinxelo argumento propio do cinema de espionaxe, Hitchcock consegue armar unha inesquecíbel trama protagonizada por dous xigantes da interpretación, Ingrid Bergman e Cary Grant, acompañados polo sempre notábel Claude Rains, nomeado ao Oscar ao mellor actor secundario. O propio François Truffaut, na entrevista que deu lugar ao influente texto El cine según Hitchcock, sitúa Encadeados como o seu filme favorito dentro da filmografía do autor británico por ter acadado «o máximo de efectos co mínimo de elementos. Todas as escenas de suspense están organizadas arredor de dous obxectos que son sempre os mesmos: a chave e a falsa botella de viño. De todos os seus filmes este é aquel no que se sente a comuñón máis perfecta entre o que quería conseguir e o resultado da pantalla».
Xa entrada a semana, o mércores 13 de abril, estreamos en NUMAX Cemetery of Splendour, última longametraxe de Apichatpong Weerasethakul, un dos cineastas máis importantes e suxestivos do cinema contemporáneo. A poética ollada do cineasta tailandés lévanos neste caso a un pequeno pobo de Tailandia no que 27 soldados sofren un estraño caso de enfermidade do sono. Segundo o crítico Nando Salvá, «o director tailandés volve facer gala da súa sobrecolledora capacidade para construír imaxes fermosas para retratar a vida nun hospital cuxos pacientes sofren unha misteriosa enfermidade que os condena ao sono». Cemetery of Splendour permanecerá na carteleira de NUMAX unha semana, cun total de seis proxeccións.
Despídense da carteleira de NUMAX
El nome de los árboles, filme no que Ramón Lluís Bande preserva e actualiza a memoria da guerrilla asturiana que combateu o franquismo nos montes de Asturies, terá a súa derradeira proxección en NUMAX o martes 12 de abril.
Tamén se despide da pantalla de NUMAX O conto da princesa Kaguya, unha das últimas obras mestras do Studio Ghibli dirixida polo histórico cineasta nipón Isao Takahata. A última proxección deste cumio da animación contemporánea terá lugar o xoves 14 de abril.
O propio xoves día 14 proxectarase por última vez en NUMAX, Hitchcock/Truffaut, peza documental do norteamericano Kent Jones que rememora e actualiza a entrevista do cineasta francés ao xenio británico que deu lugar ao libro El cine según Hitchcock.
AULA OS OLLOS VERDES #03: CHARLES BURNETT
A terceira entrega da Aula «Os ollos verdes» contará coa participación de Charles Burnett, autor de culto do cinema independente afroamericano. Burnett visita NUMAX o luns 18 de abril ás 17:30 para impartir a clase maxistral «Contra quen pelexo esta noite?», na que afondará na súa traxectoria artística. Ás 20:30 o cineasta presentará en sala o seu filme máis célebre, Killer of Sheep, participando nun coloquio co público asistente.
Lobos sucios
(Simón Casal, 2015)
Manuela é unha mineira rexeitada por ser considerada meiga pero capaz de embarcarse nun roubo aos nazis por tratar de curar a súa filla enferma. Pola súa banda Candela é a súa irmá pequena, que a acompaña nesta grande aventura, na que demostrarán que dúas mineiras galegas puideron mudar o curso da historia da Segunda Guerra Mundial.
Encadeados
(Alfred Hitchcock, 1946)
Tras a Segunda Guerra Mundial o pai de Alicia Huberman, un espía nazi, é condenado por traizón contra os Estados Unidos. Despois do xuízo, Alicia dá unha festa na que aparece un aposto descoñecido chamado Devlin. Trátase dun axente dos servizos de Intelixencia que reclama a súa colaboración para atrapar a Alexander Sebastian, o cerebro dos nazis en Brasil.
Cemetery of Splendour
(Apichatpong Weerasethakul, 2015)
Nun pequeno pobo de Tailandia, vintesete soldados sofren un estraño caso da enfermidade do sono. Unha escola primaria abandonada convértese nun pequeno hospital onde Jenjira Widner, unha señora de mediana idade casada con Frank, un soldado retirado dos Estados Unidos, coida deles. Jenjira colle especial apego a Itta, un soldado mozo que non ten ningún parente.
Programación
Venres 8 de abril
15:45 El nome de los árboles
17:45 Encadeados
Estrea
19:45 Lobos sucios
(VO) Estrea
21:45 Hitchcock/Truffaut
Sábado 9 de abril
12:00 O conto da princesa Kaguya
15:45 Lobos sucios (VO)
17:45 El nome de los árboles
19:45 Hitchcock/Truffaut
21:20 Encadeados
Domingo 10 de abril
12:00 El nome de los árboles
15:45 O conto da princesa Kaguya
18:20 Hitchcock/Truffaut
20:00 Encadeados
22:00 Lobos sucios (VO)
Martes 12 de abril
12:00 Lobos sucios (VO)
15:45 Encadeados
17:40 O conto da princesa Kaguya
20:10 El nome de los árboles
Último pase
22:10 Hitchcock/Truffaut
Mércores 13 de abril
12:00 O conto da princesa Kaguya
15:45 Lobos sucios (VO)
17:45 Encadeados
19:45 Hitchcock/Truffaut
21:20 Cemetery of Splendour Estrea
Xoves 14 de abril
12:00 O conto da princesa Kaguya
Último pase
15:45 Cemetery of Splendour
18:00 Lobos sucios (VO)
Último pase
20:00 Hitchcock/Truffaut
Último pase
21:40 Encadeados
VO: Versión orixinal sen subtítulos | VOSG: Versión orixinal subtitulada en galego
Na Libraría NUMAX
Manifiesto incierto
Frédéric Pajak
Libro sobre Walter Benjamin, sobre o seu pensamento sempre a contraataque, sobre os seus últimos días custodiando unha felicidade fráxil, lendo nos cafés e as praias de Ibiza, mentres desde o continente chegan as noticias do ascenso de Hitler ao poder.
Unha desolación
Yasmina Reza
Unha desolación (1999), a segunda obra narrativa de Yasmina Reza, contén algúns dos temas recorrentes da autora, como a figura do pai ou a presentación de problemas complexos que convidan á reflexión.
Reikiavik
Juan Mayorga
Imaxinemos un taboleiro de xadrez situado ao tempo aquí e en Reikiavik. Os dous homes que se enfrontan, Waterloo e Bailén, en realidade xogan a ser outros: o indómito e xenial Bobby Fischer contra Boris Spasski, tan elegante e sensíbel coma discreto.
Ramón Lluís Bande imparte en NUMAX a Aula «Encontrar la película / La película encontrada»
O cineasta asturiano Ramón Lluís Bande achegarase mañá sábado 2 de abril ás 11:30 ao Cinema NUMAX (R/ Concepción Arenal, 9) para impartir a clase maxistral Encontrar la película / La película encontrada, incluída na Aula «Os ollos verdes», na que afondará no seu proceso creativo. Un día antes, o venres 1 de abril ás 11:00, Bande ofrecerá unha rolda de prensa aos medios de comunicación.
Na Aula «Os ollos verdes», Ramón Lluís Bande ofrecerá un relatorio que leva por título Encontrar la película / La película encontrada, no que incidirá nos elementos máis salientábeis da súa obra cinematográfica, centrando a atención nos seus dous últimos filmes, Equí y n'otru tiempu e El nome de los árboles. Ambas as dúas obras afondan, desde presupostos formais diferentes, na memoria dos fugaos, apelativo co que eran coñecidos os centos de militantes republicanos asturianos que, logo do alzamento fascista de 1936, fóronse agochar ao monte para salvar a vida e continuar coa súa resistencia armada contra o franquismo.
A Aula «Os ollos verdes» é unha iniciativa de NUMAX en colaboración coa Concellaría de Acción Cultural de Santiago de Compostela, que está a posibilitar cada mes o contacto do público compostelán con destacados directores do cinema contemporáneo, xa sexan autores novos que están a pescudar na súa propia linguaxe ou cineastas consolidados que ofrecen un percorrido pola súa traxectoria artística. A de Ramón Lluís Bande será a segunda entrega da Aula «Os ollos verdes», que foi inaugurada o pasado 20 de febreiro coa participación do cineasta Luis Aller.
A visita de Ramón Lluís Bande a NUMAX dará inicio o venres 1 de abril ás 11:00 coa celebración dunha rolda de prensa cos medios de comunicación, que terá lugar na propia sala de cinema. Ademais, os medios que así o desexen, poderán entrevistar persoalmente ao cineasta asturiano ao longo da xornada do venres. Será preciso, iso si, concertar previamente a entrevista a través do correo comunicación@numax.org ou no teléfono 981560250.
A actividade arredor da figura de Bande complétase coa estrea, o mércores 30 de marzo, do seu último filme, El nome de los árboles. Intimamente relacionada coa súa obra anterior, Equí y n'otru tiempu, a nova creación do cineasta percorre Asturies na busca dos lugares nos que tiveron lugar as principais emboscadas contra os maquis. Ao longo da viaxe o cineasta irá atopando as últimas testemuñas vivas daquel tempo mais, tal e como sinala Carlos Losilla en Caimán, «non se trata dun filme de testemuñas, senón máis ben de xiróns e fragmentos que sempre remiten a aquel pasado infame e a un presente que segue a ser a consecuencia daqueles crimes». O filme está a ser ter un amplo percorrido en festivais internacionais, sendo proxectado en certames como Sevilla, Transcinema Perú ou o Cinema D'Autor de Barcelona. Aproveitando a visita a NUMAX de Ramón Lluís Bande, a proxección de El nome de los árboles do venres 1 de abril ás 19:20 contará coa presentación en sala do director.
Considerado como un dos principais autores da nova xeración de cineastas asturianos, Ramón Lluís Bande (Xixón, 1972) destaca pola súa inquietude creativa, que o levan a desenvolver unha intensa actividade en campos como o xornalismo, o teatro, a literatura ou a música. Como realizador ten dirixido diversos proxectos para a Televisión do Principado de Asturias, entre os que destacan os recentes Camín, Ende ou L'alzada. A súa obra cinematográfica abrangue unha ducia de títulos, entre curtas e longametraxes, nos que adoita apostar por un rexistro documental. Os seus dous últimos filmes, Equí y n'otru tiempu (premio FIPRESCI-Resistencias do SEFF 2015) e El nome de los árboles, constitúen documentos de memoria arredor da loita dos maquis nos montes de Asturies.
O acceso á aula de Ramón Lluís Bande do sábado 2 de abril, ao igual ca acontece co resto das Aulas «Os ollos verdes», é gratuíto. Cómpre, iso si, reservar entrada a través do correo comunicacion@numax.org. No tocante á sesión de El nome de los árboles presentada polo autor do venres 1 de abril ás 19:20, xa se poden adquirir as entradas na nosa billeteira virtual.
Programación de Numax do 1 ao 7 de abril
Programación do 1 ao 7 de abril de 2016
«Hitchcock/Truffaut» e «O recordo de Marnie» abren o mes de abril en NUMAXAgosto de 1962, estudios da Universal en Los Angeles. François Truffaut, naquela altura cineasta novo mais de influencia capital na Nouvelle Vague francesa, dáse cita cun dos meirandes autores da historia do cinema: Alfred Hitchcock. O cuestionario elaborado polo autor d'Os catrocentos golpes contén exactamente 500 preguntas, que dan lugar a unha conversa dun total de 27 horas de duración. Así nace El cine según Hitchcock, libro fundamental para esculcar nos segredos da narrativa hitchcockiana que non pode faltar nos andeis de todo afeccionado ao cinema. Medio século despois, o norteamericano Kent Jones reúne cineastas da talla de Martin Scorsese, David Fincher, Richard Linklater, Wes Anderson, James Gray ou Olivier Assayas para reflexionar encol da influenza da obra de Hitchcock en cadansúa evolución cinematográfica. Este novo encontro, intercalado con fragmentos de audio da entrevista orixinal, dá lugar ao filme Hitchcock/Truffaut, que será estreado en NUMAX o vindeiro venres 1 de abril.
Ese mesmo día, venres primeiro de abril, o Cinema NUMAX estrea O recordo de Marnie, unha das últimas creacións do Studio Ghibli, compañía fundamental para entender a evolución do cinema de animación contemporáneo. Obra de Hiromasa Yonebayashi, unha das grandes promesas da animación nipoa, o filme foi nomeado en 2015 aos Oscar á mellor longametraxe de animación. Adaptación dunha novela xuvenil de Joan G. Robinson, O recordo de Marnie foi descrita como Ghibli gótico polas súas paisaxes mariñas á luz da lúa e unha brillante partitura orquestral que acompaña unha historia de amizade, misterio e descubrimento. Tal e como sinala a crítica Sherilyn Connelly, «coa retirada de Hayao Miyazaki o estudio Ghibli puxo a produción en pausa e O recordo de Marnie ben podería ser a súa última longametraxe. Se é así, é un bo legado que deixar». O recordo de Marnie contará en NUMAX unicamente con seis proxeccións, a última delas o xoves 7 de abril.
Últimas sesións de «Mustang»
Ademais, ao longo desta semana despídese de NUMAX un filme que contou cunha moi boa acollida por parte do público asistente. Trátase de Mustang, opera prima da cineasta turca afincada en Francia Deniz Gamze Ergüven, que narra a historia dun grupo de mozas de entre 12 e 16 anos que teñen que afrontar de xeito prematuro un destino imposto como futuras esposas. O último pase do filme terá lugar o xoves 7 de abril.AULA OS OLLOS VERDES #02: RAMÓN LLUÍS BANDE
O cineasta asturiano Ramón Lluís Bande achegarase o vindeiro sábado 2 de abril ás 11:30 ao Cinema NUMAX para impartir a aula Encontrar la película / La película encontrada, na que afondará no seu proceso creativo. A entrada á Aula é de balde previa reserva en comunicacion@numax.org. Un día antes, o venres 1 de abril, Bande presentará en sala o seu último filme El nome de los árboles.Hitchcock/Truffaut
(Kent Jones, 2015)En 1962, os cineastas Alfred Hitchcock e François Truffaut pecháronse para ter unha longa conversa sobre o cinema do mestre do suspense. Medio século despois, o director Kent Jones convida a algúns dos mellores cineastas do noso tempo a reflexionar arredor dun dos máis grandes cineastas da historia do cinema.
O recordo de Marnie
(Hiromasa Yonebayashi, 2014)
Anna é unha moza solitaria, sen amigos, que vive cos seus pais adoptivos. Un día é enviada co señor e a señora Pegg. Alí, onde se estenden as dunas de area, coñece a unha rapaza chamada Marnie, que axiña se ha converter na súa mellor amiga. Tendo aprendido moitas cousas sobre a amizade, Anna darase de conta de que Marnie non é quen parece.
Programación
Venres 1 de abril
12:00 O conto da princesa Kaguya
15:45 Mustang
17:45 Hitchcock/Truffaut Estrea
19:20 El nome de los árboles
Coa presenza do director
22:00 O recordo de Marnie Estrea
Sábado 2 de abril
15:45 O recordo de Marnie
17:45 Hitchcock/Truffaut
19:20 El nome de los árboles
21:45 O conto da princesa Kaguya
Domingo 3 de abril
12:00 El nome de los árboles
15:45 O conto da princesa Kaguya
18:20 O recordo de Marnie
20:20 Hitchcock/Truffaut
22:00 Mustang
Martes 5 de abril
12:00 Mustang
15:45 Hitchcock/Truffaut
17:20 El nome de los árboles
19:20 O recordo de Marnie
21:20 O conto da princesa Kaguya
Mércores 6 de abril
12:30 O recordo de Marnie
15:45 Mustang
17:45 Hitchcock/Truffaut
19:20 O conto da princesa Kaguya
22:00 El nome de los árboles
Xoves 7 de abril
12:00 O conto da princesa Kaguya
15:45 El nome de los árboles
17:45 O recordo de Marnie
Último pase
19:45 Hitchcock/Truffaut
21:30 Mustang Último pase
VO: Versión orixinal sen subtítulos | VOSG: Versión orixinal subtitulada en galego
Na Libraría NUMAX
El cine según Hitchcock
François Truffaut
Nova edición da mítica entrevista realizado por François Truffaut a Alfred Hitchcock, na que o xenio británico desvela segredos da súa vida e súa paixón de cineasta, así como as anécdotas que rodearon as súas rodaxes.
Idea de la prosa
Giorgio Agamben
Trinta e tres pequenos tratados filosóficos compoñen un dos libros máis fermosos e poéticos do filósofo italiano Giorgio Agamben. Deténdose especialmente en cuestións técnicas o autor define aspectos decisivos da estrutura poética.
Numax : Programación e novidades do 25 ao 31 de marzo de 2016
«El nome de los árboles» e «O conto da princesa Kaguya», estreas da semana en NUMAX
A memoria dos fugaos republicanos nos montes de Asturies e unha delicada peza de animación xaponesa compoñen as novidades da carteleira de NUMAX para esta semana. O mércores 30 de marzo estreamos El nome de los árboles, recente creación dun dos principais expoñentes da nova xeración de cineastas asturianos: Ramón Lluís Bande. O filme propón un traballo de memoria arredor da loita daqueles militantes republicanos que, logo do golpe fascista de 1936, fóronse agochar ao monte para continuar alí a súa resistencia armada contra o franquismo. A cámara de Bande visita os lugares nos que tiveron lugar as principais emboscadas contra a guerrilla, encontrando as últimas testemuñas que poden lembrar en primeira persoa os relatos daquel tempo histórico. Mais o protagonismo de Bande na programación de NUMAX non remata aí. Tal e como explicamos en detalle neste mesmo boletín, o cineasta de Xixón visitaranos os días 1 e 2 de abril, para presentar en sala El nome de los árboles e impartir a clase maxistral Encontrar la película / La película encontrada, incluída na Aula «Os ollos verdes».
O propio mércores día 30, chega á pantalla de NUMAX unha das últimas creacións do Studio Ghibli, considerado pola crítica especializada como un dos mellores do mundo no campo da animación. Referímonos a O conto da princesa Kaguya, adaptación do relato do século IX El cortador de bambú, o texto en prosa máis antigo que se conserva da literatura xaponesa. O filme válese dun delicado ton acuarela e trazo fino para nos introducir nunha historia agridoce protagonizada pola unha meniña moi pequena descuberta por unha parella de campesiños nunha planta de bambú. O conto da princesa Kaguya figura como a obra máis recente de Isao Takahata, un nome histórico da animación xaponesa, cofundador canda o gran Hayao Miyazaki de Ghibli e autor de títulos míticos como La tumba de las luciérnagas, Recuerdos del ayer ou series populares de televisión como Heidi e Marco.
Últimas proxeccións
Nas vindeiras datas tedes as últimas oportunidades para vos achegar a Anomalisa, singular peza de animación de corte existencialista asinada polos cineastas norteamericanos Duke Johnson e Charlie Kaufman. O martes 29 de marzo terá lugar a última proxección do filme en NUMAX.
O propio martes 29 baixa o pano Tres cores: Azul, peza de apertura da triloxía de Krzysztof Kieslowski arredor das cores da bandeira francesa que supuxo a consagración internacional da actriz Juliette Binoche.
Xa o xoves 31 de marzo proxectaranse por última vez as dúas pezas restantes da triloxía de Kieslowski: Tres cores: Branco, reflexión sobre a noción da igualdade a partir da historia dun emigrante polaco en París, e Tres cores: Vermello, na que asistimos á azarosa pero profunda amizade que se estabelece entre unha modelo nova e un xuíz retirado.
Ramón Lluís Bande visita NUMAX para impartir a Aula «Encontrar la película / La película encontrada»
O cineasta asturiano Ramón Lluís Bande achegarase o vindeiro sábado 2 de abril ás 11:30 ao Cinema NUMAX para impartir a aula Encontrar la película / La película encontrada, na que afondará no seu proceso creativo. A entrada á Aula é de balde previa reserva en comunicacion@numax.org. Un día antes, o venres 1 de abril, Bande presentará en sala o seu último filme El nome de los árboles.
El nome de los árboles
(Ramón Lluís Bande, 2015)
Entre os anos 1937 e 1952 centos de militantes republicanos asturianos escondéronse no monte con dous obxectivos: salvar a vida e continuar coa resistencia armada contra o franquismo. Un pequeno equipo de rodaxe percorre Asturies buscando os lugares onde se desenvolven as principais emboscadas contra a guerrilla.
O conto da princesa Kaguya
(Isao Takahata, 2013)
A historia comeza cando unha parella de anciáns campesiños atopan unha nena moi pequena dentro dunha planta de bambú e deciden adoptala como se fose a súa filla. Convertida axiña nunha fermosa muller, é pretendida por moitos homes, incluído o emperador, pero ela rexéitaos a todos porque asegura vir da Lúa e debe volver alí.
Programación
Venres 25 de marzo
12:00 Tres cores: Azul
15:45 Anomalisa
17:40 Tres cores: Branco
19:30 Tres cores: Vermello
21:30 Mustang
Sábado 26 de marzo
12:00 Tres cores: Branco
15:45 Tres cores: Vermello
17:40 Mustang
19:40 Anomalisa
21:30 Tres cores: Azul
Domingo 27 de marzo
12:00 Anomalisa
15:45 Tres cores: Branco
17:40 Tres cores: Azul
19:40 Tres cores: Vermello
21:40 Mustang
Martes 29 de marzo
12:00 Mustang
15:45 Tres cores: Vermello
17:45 Anomalisa Último pase
19:40 Tres cores: Branco
21:30 Tres cores: Azul
Último pase
Mércores 30 de marzo
12:00 Tres cores: Vermello
15:45 Tres cores: Branco
17:30 Mustang
19:30 O conto da princesa Kaguya Estrea
22:00 El nome de los árboles Estrea
Xoves 31 de marzo
12:00 El nome de los árboles
15:45 O conto da princesa Kaguya
18:15 Tres cores: Branco
Último pase
20:00 Tres cores: Vermello
Último pase
21:50 Mustang
VO: Versión orixinal sen subtítulos | VOSG: Versión orixinal subtitulada en galego
Na Libraría NUMAX
Cómo piensan los artistas
Fietta Jarque
O presente volume de Fietta Jarque componse de 51 entrevistas a artistas contemporáneos da talla de Joseph Beuys, Marina Abramovic, Andrés Serrano, Alfredo Jaar, Sol LeWitt, Helmut Newton, Wolf Vostell e Cindy Sherman.
Japón: El paisaje del alma
Rudyard Kipling e Inazo Nitobe
Dúas visións do espírito xaponés a través das miradas de dous grandes autores. Occidente e Oriente entrecrúzanse na crónica da viaxe de Rudyard Kipling a terras niponas e o código do samurai de Inazo Nitobe.
A memoria dos fugaos republicanos nos montes de Asturies e unha delicada peza de animación xaponesa compoñen as novidades da carteleira de NUMAX para esta semana. O mércores 30 de marzo estreamos El nome de los árboles, recente creación dun dos principais expoñentes da nova xeración de cineastas asturianos: Ramón Lluís Bande. O filme propón un traballo de memoria arredor da loita daqueles militantes republicanos que, logo do golpe fascista de 1936, fóronse agochar ao monte para continuar alí a súa resistencia armada contra o franquismo. A cámara de Bande visita os lugares nos que tiveron lugar as principais emboscadas contra a guerrilla, encontrando as últimas testemuñas que poden lembrar en primeira persoa os relatos daquel tempo histórico. Mais o protagonismo de Bande na programación de NUMAX non remata aí. Tal e como explicamos en detalle neste mesmo boletín, o cineasta de Xixón visitaranos os días 1 e 2 de abril, para presentar en sala El nome de los árboles e impartir a clase maxistral Encontrar la película / La película encontrada, incluída na Aula «Os ollos verdes».
O propio mércores día 30, chega á pantalla de NUMAX unha das últimas creacións do Studio Ghibli, considerado pola crítica especializada como un dos mellores do mundo no campo da animación. Referímonos a O conto da princesa Kaguya, adaptación do relato do século IX El cortador de bambú, o texto en prosa máis antigo que se conserva da literatura xaponesa. O filme válese dun delicado ton acuarela e trazo fino para nos introducir nunha historia agridoce protagonizada pola unha meniña moi pequena descuberta por unha parella de campesiños nunha planta de bambú. O conto da princesa Kaguya figura como a obra máis recente de Isao Takahata, un nome histórico da animación xaponesa, cofundador canda o gran Hayao Miyazaki de Ghibli e autor de títulos míticos como La tumba de las luciérnagas, Recuerdos del ayer ou series populares de televisión como Heidi e Marco.
Últimas proxeccións
Nas vindeiras datas tedes as últimas oportunidades para vos achegar a Anomalisa, singular peza de animación de corte existencialista asinada polos cineastas norteamericanos Duke Johnson e Charlie Kaufman. O martes 29 de marzo terá lugar a última proxección do filme en NUMAX.
O propio martes 29 baixa o pano Tres cores: Azul, peza de apertura da triloxía de Krzysztof Kieslowski arredor das cores da bandeira francesa que supuxo a consagración internacional da actriz Juliette Binoche.
Xa o xoves 31 de marzo proxectaranse por última vez as dúas pezas restantes da triloxía de Kieslowski: Tres cores: Branco, reflexión sobre a noción da igualdade a partir da historia dun emigrante polaco en París, e Tres cores: Vermello, na que asistimos á azarosa pero profunda amizade que se estabelece entre unha modelo nova e un xuíz retirado.
Ramón Lluís Bande visita NUMAX para impartir a Aula «Encontrar la película / La película encontrada»
O cineasta asturiano Ramón Lluís Bande achegarase o vindeiro sábado 2 de abril ás 11:30 ao Cinema NUMAX para impartir a aula Encontrar la película / La película encontrada, na que afondará no seu proceso creativo. A entrada á Aula é de balde previa reserva en comunicacion@numax.org. Un día antes, o venres 1 de abril, Bande presentará en sala o seu último filme El nome de los árboles.
El nome de los árboles
(Ramón Lluís Bande, 2015)
Entre os anos 1937 e 1952 centos de militantes republicanos asturianos escondéronse no monte con dous obxectivos: salvar a vida e continuar coa resistencia armada contra o franquismo. Un pequeno equipo de rodaxe percorre Asturies buscando os lugares onde se desenvolven as principais emboscadas contra a guerrilla.
O conto da princesa Kaguya
(Isao Takahata, 2013)
A historia comeza cando unha parella de anciáns campesiños atopan unha nena moi pequena dentro dunha planta de bambú e deciden adoptala como se fose a súa filla. Convertida axiña nunha fermosa muller, é pretendida por moitos homes, incluído o emperador, pero ela rexéitaos a todos porque asegura vir da Lúa e debe volver alí.
Programación
Venres 25 de marzo
12:00 Tres cores: Azul
15:45 Anomalisa
17:40 Tres cores: Branco
19:30 Tres cores: Vermello
21:30 Mustang
Sábado 26 de marzo
12:00 Tres cores: Branco
15:45 Tres cores: Vermello
17:40 Mustang
19:40 Anomalisa
21:30 Tres cores: Azul
Domingo 27 de marzo
12:00 Anomalisa
15:45 Tres cores: Branco
17:40 Tres cores: Azul
19:40 Tres cores: Vermello
21:40 Mustang
Martes 29 de marzo
12:00 Mustang
15:45 Tres cores: Vermello
17:45 Anomalisa Último pase
19:40 Tres cores: Branco
21:30 Tres cores: Azul
Último pase
Mércores 30 de marzo
12:00 Tres cores: Vermello
15:45 Tres cores: Branco
17:30 Mustang
19:30 O conto da princesa Kaguya Estrea
22:00 El nome de los árboles Estrea
Xoves 31 de marzo
12:00 El nome de los árboles
15:45 O conto da princesa Kaguya
18:15 Tres cores: Branco
Último pase
20:00 Tres cores: Vermello
Último pase
21:50 Mustang
VO: Versión orixinal sen subtítulos | VOSG: Versión orixinal subtitulada en galego
Na Libraría NUMAX
Cómo piensan los artistas
Fietta Jarque
O presente volume de Fietta Jarque componse de 51 entrevistas a artistas contemporáneos da talla de Joseph Beuys, Marina Abramovic, Andrés Serrano, Alfredo Jaar, Sol LeWitt, Helmut Newton, Wolf Vostell e Cindy Sherman.
Japón: El paisaje del alma
Rudyard Kipling e Inazo Nitobe
Dúas visións do espírito xaponés a través das miradas de dous grandes autores. Occidente e Oriente entrecrúzanse na crónica da viaxe de Rudyard Kipling a terras niponas e o código do samurai de Inazo Nitobe.
Programación NUMAX do 18 ao 24 de marzo de 2016
Catro filmes de estrea nunha semana chea de novidades en NUMAX
Comezamos a semana cinematográfica de NUMAX o venres 18 de marzo coa reestrea de Tres cores: Branco, segunda entrega da triloxía de Krzysztof Kieslowski que centrou a atención da cinefilia europea na década dos noventa. A segunda das cores da bandeira francesa serve ao cineasta polaco para reflexionar arredor da noción da igualdade, a través da historia dun inmigrante que regresa de Francia á súa Polonia natal, onde o capitalismo salvaxe comeza a se apoderar dos modos de vida da poboación. Segundo a crítica Lisa Schwarzbaum, «hai algo terreal e elemental nesta historia que non se atopaba en Tres cores: Azul, algo extravagante e enérxico».
Hoxe venres 18, coincidindo co primeiro aniversario de NUMAX, terá lugar a estrea de Mustang, filme luminoso que supón o debut na dirección da cineasta turca Deniz Gamze Ergüven e chega á nosa pantalla logo dun exitoso percorrido por festivais de todo o mundo. A emocionante historia de cinco irmás adolescentes que deben abandonar a súa lúdica relación para se enfrontar a unha prematura vida matrimonial, fai que o filme funcione, segundo Luis Martínez, a xeito de «berro de protesta contra a cruel inxustiza da relixión e, xa que estamos, como un filme de terror a voltas co sangue do patriarcado».
Entrada a semana, en concreto o mércores 23 de marzo, dous novos títulos veñen a engrosar a proposta de NUMAX de cara á ponte de Semana Santa. O primeiro deles é Anomalisa, filme de animación espido e minimalista que nos leva á historia dun home, motivador profesional, que canto máis axuda á xente menos consegue estimar a súa propia vida. Dirixido por Duke Johnson e Charlie Kaufman —autor este último dos guións de Cómo ser John Malkovich ou ¡Olvídate de mí!—, Anomalisa emerxe como unha orixinalísima proposta que reivindica a capacidade do cinema de animación para nos interrogar arredor dos misterios da existencia humana.
Para rematar, o mesmo 23 de marzo pechamos a triloxía de Kieslowski co que finalmente será o testamento fílmico do seu autor, falecido pouco tempo despois. Referímonos a Tres cores: Vermello, obra de madurez que analiza o concepto de fraternidade a partir da terceira cor da bandeira francesa. O filme, emotivo e esperanzador, relata o encontro fortuíto entre unha moza que malvive como modelo e un xuíz xubilado que ten a estraña obsesión de escoitar as conversas telefónicas dos seus veciños.
Últimas sesións
Nos próximos días teredes as últimas oportunidades para ver en NUMAX Informe general II. O filme de Pere Portabella, que pon en escena a importantes pensadores, políticos e activistas sociais interpretando ante a cámara as principais claves do cambio político, terá a súa derradeira proxección o martes 22 de marzo.
Ese mesmo día, martes 22, outro filme dirá adeus á pantalla de NUMAX. Trátase de Bone Tomahawk, suxestiva mestura de western e cinema de terror que vén de triunfar en Sitges e supón o debut cinematográfico do seu autor, o novelista S. Craig Zahler.
Portas abertas para abonadas e avalistas no primeiro aniversario de NUMAX
O 18 de marzo de 2015, logo de recibir a visita sorpresa de Aki Kaurismäki, que presentou en estrea internacional a nova copia do seu filme Nubes pasaxeiras, abriamos as portas do Cinema, Libraría e Laboratorio de NUMAX, S. Coop. Galega. Para celebralo, Hoxe venres 18 de marzo, todas as sesións serán de acceso gratuíto para persoas abonadas e avalistas do noso proxecto.
Tres cores: Branco
(Krzysztof Kieslowski, 1994)Karol e Dominique quérense pero a súa vida en París como recén casados non funciona. O feito de non poder consumar o matrimonio provoca que a parella se divorcie. Karol terá que vender a súa barbería e volver á súa Polonia natal con Mikolaj, un amigo da infancia. Alí inicia unha nova vida mais non consegue esquecer á súa exmuller francesa e planea unha vinganza.
Mustang
(Deniz Gamze Ergüven, 2015)
Nun pobo do norte de Turquía, cinco irmás de entre 12 e 16 anos pasan o verán nun xardín paradisíaco de risas e xogos inocentes sobre as ondas do Mar Negro. Porén, a condición da muller no país non tardará en provocar rumores de inmoralidade e escándalo das mozas, así que os seus familiares deciden preparalas cara ao seu destino de futuras esposas.
Anomalisa
(Charlie Kaufman e Duke Johnson , 2015)
O protagonista do filme é un motivador profesional que, canto máis axuda á xente máis monótona e anódina percibe a súa propia existencia. Até que un día a voz dunha moza sóalle diferente e o home disponse a abandonalo todo e a todos por acadar a felicidade con ela. Filme de animación escrito por Charlie Kaufman coa colaboración de Dan Harmon.
Tres cores: Vermello
(Krzysztof Kieslowski, 1994)
Valentina, una moza estudante que se gaña a vida como modelo, salva a vida dun can atropelado por un coche. A busca do seu dono condúcea a un xuíz xubilado que ten unha estraña obsesión: escoitar as conversas telefónicas dos seus veciños. A Valentina non lle agrada o comportamento do home, pero non pode evitar ilo visitar.
Programación
Venres 18 de marzo
12:00 Tres cores: Azul
15:45 Informe general II (VO)
18:00 Tres cores: Branco Estrea
19:45 Mustang Estrea
21:40 Bone Tomahawk
Sábado 19 de marzo
12:00 Informe general II (VO)
15:45 Tres cores: Branco
17:30 Mustang
19:20 Tres cores: Azul
21:20 Bone Tomahawk
Domingo 20 de marzo
12:00 Bone Tomahawk
15:45 Tres cores: Azul
17:45 Mustang
19:40 Informe general II (VO)
22:00 Tres cores: Branco
Martes 22 de marzo
12:00 Tres cores: Branco
15:45 Tres cores: Azul
17:40 Bone Tomahawk Último pase
20:10 Mustang
22:00 Informe general II (VO)
Último pase
Mércores 23 de marzo
12:00 Tres cores: Vermello Estrea
15:45 Mustang
17:35 Tres cores: Azul
19:30 Tres cores: Branco
21:15 Anomalisa Estrea
Xoves 24 de marzo
12:00 Mustang
15:45 Tres cores: Branco
17:30 Tres cores: Vermello
19:20 Tres cores: Azul
21:20 Anomalisa
VO: Versión orixinal sen subtítulos | VOSG: Versión orixinal subtitulada en galego
Na Libraría NUMAX
As aventuras de Alicia no país das marabillas
Lewis Carroll
«Había una vez unha moza chamada Alicia que tivo un estraño soño». Este fermoso libro data de 1907 e é do tamaño da palma da man.
Manuel María. Vida, versos e rebeldía
Manuel Veiga e Xosé Lastra
Manuel Veiga e Xosé Lastra relatan e ilustran de xeito engaiolante a vida cotiá de Manuel María, acompañado sempre da súa dona, Saleta Goi, ofrecendo un fermoso percorrido polas súas actividades como procurador, libreiro, editor ou xornalista.
Angular. Cine experimental y videocreación
VV.AA.
Angular lanza unha compilación de pezas heterodoxas distanciadas das formas narrativas convencionais e de calquera caste de academicismo. Inclúe un DVD e un libro impreso con textos críticos sobre a disciplina.
El cuarto de atrás
Carmen Martín Gaite
Libro de memorias e reflexión sobre o propio quefacer literario. Nunha noite de insomnio e treboada a escritora, inopinadamente, recibe a visita dun descoñecido vestido de negro, cuxa identidade permanece ambigua ao longo de todo o relato.
Numax - Programación do 11 ao 17 de marzo
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
