Santiago, 27/06/2016 - o Santiago Futsal baixou o pano da primeira parte da súa campaña de abonados #EstamosDeCampaña no mellor escenario posible. O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolleu a Gala de Monólogos Peche De Campaña do club celeste, un evento que contou coa participación de cinco dos mellores humoristas galegos: Javier Veiga, Pepo Suevos, Marcos Pereiro, David Amor e Fede Pérez, este último mestre de cerimonias, presentador da Gala, e que sorprendeu aos asistentes coa súa vestimenta deportiva: medias de deporte, pantalón curto e camiseta do Santiago Futsal.
Máis de dúas horas dos mellores chistes e monólogos, provocaron as risas dun Teatro Principal entregado. Desde as 21.30h ata case as 24h, estes cracs do humor foron o cinco inicial do Santiago Futsal sobre os escenarios. Os asistentes puideron gozar dunha noite única, que aínda tiña gardada a aparición de Xosé Antonio Touriñán para despedir aos seus compañeiros e manifestar o seu apoio ao Santiago Futsal.
Desta maneira o Santiago Futsal pecha a primeira parte da súa campaña de abonados para a tempada 16/17 e xa prepara a segunda parte da súa campaña de abonados, que seguro volverá sorprender a todos os afeccionados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario