Santiago, 28/06/2016 - Baixo a dirección das profesoras Mar Lorenzo Moledo e
Mª del Carmen Gutiérrez Moar, o curso ‘Os dereitos dos nenos e das nenas: a
situación da infancia en Galicia’ celebrarase na Facultade de Ciencias da
Educación de Campus Vida os días 21 e 22 de xullo.
Para
o día 22, os dous primeiros relatorios que arrancarán a xornada aludirán ao
benestar material e o impacto da crise nas familias e á presenza da infancia
nas políticas sociais e educativas. A responsable de sensibilización do comité
galego de Unicef Marta Andrade Blanco coordinará un obradoiro sobre a educación
en dereitos dende a escola. O curso rematará coa participación da valedora do
Pobo, Milagros Otero Parga, cunha reflexión sobre os dereitos da infancia en
Galicia.
Matrícula
A matrícula xa se pode formalizar tanto a través da web como de xeito presencial e estenderase ata aproximadamente dez días antes antes do inicio do curso en cuestión.Sempre e cando se asista ao 80% das horas lectivas, as persoas inscritas recibirán un diploma acreditativo da súa participación. A USC recoñece os cursos de verán 2016 a efectos de créditos para o estudantado: dous créditos para cada curso de 25 ou máis horas e un crédito polos de menos de 25 horas (en todo caso, ata un máximo de seis créditos en total). A taxa xeral de matrícula é de 120 euros para os cursos de máis carga lectiva e de 70 para os de menos de 25 horas. Ademais, existe unha taxa reducida (de 70 e 40 euros, respectivamente) aplicable a alumnado universitario, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, persoas en situación de desemprego, socios/as da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC e PDI e PAS da USC.
Ningún comentario:
Publicar un comentario