Amosando publicacións coa etiqueta CASA DAS CRECHAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CASA DAS CRECHAS. Amosar todas as publicacións

Hoxe LAR Legido no Vía Sacra 5 Estrelas Fest con Alejandro Vargas e Reynier Aldana

Santiago, 21/07/2016 -  HOxe o Vía Sacra 5 Estrelas Fest, o festival do verán na terraza da Vía Sacra que organizan a Casa das Crechas e o Cervantes e que patrocina a cervexa Mahou, acolle un novo concerto protagonizado polo percusionista LAR Legido e algúns amigos, neste caso: o pianista Alejandro Vargas e Reynier Aldana.

Hoxe martes, a banda brasileira Graveola presenta o seu novo disco, Camaleão Borboleta

Compostela, 18 de xullo de 2016. Hoxe o Vía Sacra 5 Estrelas Fest, o festival do verán na terraza da Vía Sacra que organizan a Casa das Crechas e o Cervantes e que patrocina a cervexa Mahou, acolle un novo concerto protagonizado polos brasileiros Graveola, unha banda de Minas Gerais que mestura sonoridades eléctricas e psicodélicas con diferentes ritmos brasileiros. 

Hoxe Lar Legido e Mónica de Nut na terraza das Crechas

Santiago, 14/07/2016 - o Vía Sacra 5 Estrelas Fest, o festival do verán na terraza da Vía Sacra que organizan a Casa das Crechas e o Cervantes e que patrocina a cervexa Mahou, acolle un novo concerto protagonizado polo percusionista LAR Legido e algúns amigos, neste caso: a cantante e bailarina Mónica De Nut e Virxilio Da Silva. A cita a partir das 19.00 horas

O Vía Sacra Fest presenta aos Porcoteixos

Compostela, 11 de xullo de 2016. Hoxe o Vía Sacra 5 Estrelas Fest, o festival do verán na terraza da Vía Sacra que organizan a Casa das Crechas e o Cervantes e que patrocina a cervexa Mahou, acolle un concerto dos Porcoteixos, un trío de música tradicional que fan un percorrido polo repertorio dalgúns dos países celtas: Irlanda, Escocia, Bretaña e Galiza.

Hoxe no Vía Sacra 5 Estrelas Fest LAR Legido con amigos

Compostela, 6 de xullo de 2016. Hoxe o Vía Sacra 5 Estrelas Fest, o festival do verán na terraza da Vía Sacra que organizan a Casa das Crechas e o Cervantes e que patrocina a cervexa Mahou, acolle un novo concerto protagonizado polo percusionista LAR Legido e algúns amigos, neste caso: F.I.L.O., Saúl Puga (contrabaixo) e Pablo Rega (guitarra) a partir das sete da tarde 

LAR Legido e Pablo Sax darán hoxe un concerto de improvisación libre na Casa das Crechas

Santiago, 29/06/2016 - Hoxe mércores a Casa das Crechas acolle as nove da noite un concerto de 2M, a alianza de LAR Legido e Pablo Sax, dous músiconautas libres que crean e improvisan en base a unha realidade cotiá, máis alá de parámetros habituais de estilo ou clasificación. 

No Día da Música Lar Legido nas Crechas e prometendo sorpresas

Santiago, 21/06/2016 - Hoxe martes 21 de xuño, Día Internacional da Música, a Casa das Crechas ofrece un concerto de LAR Legido e “surprises”. Non sabemos que fará, non sabemos con quen virá, nin sabemos o que soará, pero seguro que, como de costume, LAR LEGIDO nos vai sorprender coas súas “surprises”.

Hoxe nas Crechas Begoña Riobó

2/6/2016 - Rematou maio e volve a programación das Crechas, que se inicia este xoves cun concerto de Begoña Riobó, a violinista con maior proxección no panorama musical galego, e Xosé Liz. 

O arxentino Nahuel Porcel de Peralta ofrece un concerto na Casa das Crechas

A Casa das Crechas ofrece este xoves o concerto do cantor arxentino-mexicano Nahuel (Carlos Porcel de Peralta), que está por primeira vez en Galicia. A cita será as 9 da noite.

Hoxe volve o mellor jazz de Sumrrá aos domingos das Crechas

Hoxe a Casa das Crechas acolle a volta aos domingos de Sumrrá neste abril. Este trío, o grupo de jazz galego máis lonxevo e internacional, está formado polo pianista Manuel Gutiérrez, o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo e o batería L.A.R. Legido

Leo Minax volve as Crechas

O brasileiro Leo Minax, de novo nas Crechas para presentar o seu novo disco, ‘Lo que no estaba escrito’. Será hoxe xoves as 21:00. Entre os artistas convidados, Leo compartirá escenario co tamén brasileiro Fred Martins

Hoxe Cata de viños e libros nas Crechas

Hoxe  a Cata de Libros e Viños Galegos está dedicada ao viño do Ribeiro. Nela poderemos catar, da man de Vide Vide (espazo enocultural da cidade), a versión branca e tinta do viño Pé de Perdiz, de Berán (Ourense). 
IMAXEN DE Quinn Dombrowski

O branco inclúe variedades de uva de treixadura, albariño e loureira. E o tinto leva ferrol, caíño, brancellao e sousón. 

Os libros poñeraos o produtor e xestor cultural Paco de Pin.


Este sábado nas Crechas o brasileiro Kleber Alburque

O sábado a Casa das Crechas acolle o concerto do brasileiro Kleber Albuquerque

O cantautor, na súa primeira xira por Europa, presenta o seu show "Psicoaudiocardiograma", no cal presenta un panorama musical de súa carreira.

Compostela, 29 de marzo de 2016. O vindeiro sábado a Casa das Crechas acolle o concerto do cantor e compositor brasileiro Kleber Albuquerque, que comeza aquí a súa xira por Europa. 

Kleber Albuquerque ten máis de 300 cancións, varias delas gravadas por importantes intérpretes da música brasileira, e ten publicado seis discos propios. Traballa en colaboración con compositores de primeira liña da moderna trova de seu país, como Zeca Baleiro, Dante Ozzetti e Fred Martins, recibindo importantes premios no Brasil, en especial por súas cancións compostas para teatro.

Na súa primeira xira por Europa, o cantante e compositor brasileiro mostra cancións de seu novo show "Psicoaudiocardiograma", no cal presenta un panorama musical de súa carreira.

Nado en Santo André, aprendeu a tocar a guitarra de forma autodidacta e formou parte de numerosas bandas de rock. O seu primeiro disco titulouse “17.777.700” e foi lanzado en 1997. Logo viñeron outros, igualmente com nomes estraños: “Para A Inveja Dos Tristes” (2000), "O Centro Está Em Todas As Partes" (2003), "Desvio" (2007) e "Só O Amor Constrói", isto sen contar os proxectos especiais e discos artesanais. Atualmente Kleber Albuquerque está a mover o seu novo e último traballo, "10 Coisas Que Eu Podia Dizer No Lugar De Eu Te Amo”.

A Casa das Crechas presenta a programación para o mes de abril

Xa está aquí a programación dun abril bastante brasileiro, con concertos dos cantantes Kleber Albuquerque, que comeza a súa primeira xira por Europa, e Leo Minax, un cantautor brazuca residente en Madrid. 

Tamén o grupo folc Coanhadeira presentará aquí o seu último disco, ‘Bicos con luvas’, e regresan todos os mércores as foliadas coa Banda das Crechas, e todos os domingos o jazz de Sumrrá. E a cita cos libros e cos viños galegos apadriñados por Vide, Vide. 

PROGRAMACIÓN DO MES DE ABRIL 2016

Sábado 2 21h 5€ 

KLEBER ALBUQUERQUE

Kleber Albuquerque ten máis de 300 cancións - varias delas gravadas por importantes intérpretes da música brasileira. Traballa en colaboración con compositores de primeira liña da moderna trova de seu país, como Zeca Baleiro, Dante Ozzetti e Fred Martins, recibindo importantes premios no Brasil, en especial por súas cancións compostas para teatro. Na súa primeira xira pola Europa, o cantante e compositor brasileiro mostra cancións de seu novo show "Psicoaudiocardiograma", no cal presenta un panorama musical de súa carreira.

Domingos 3, 10, 17 e 24 20h 3€

DOMINGOS DE JAZZ CON SUMRRÁ

O trío de jazz galego máis internacional retoma a residencia dominical na súa casa, A Casa das Crechas. Durante os domingos de Abril, SUMRRÁ repasará as músicas máis representativas dos seus 5 álbumes. 15 anos que levan SUMRRÁ traballando de xeito continuado e ininterrumpido, converténdoos nun referente do Jazz feito na Península. O directo máis sólido e contundente ao alcance da túa man.

Manuel Gutiérrez, piano
Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo
LAR Legido, batería

Martes 5 21h 

CATA DE LIBROS E VIÑOS GALEGOS

Entrada de balde previa reserva (reservascrechas@gmail.com). En colaboración co espazo enocultural Vide Vide.

Mércores 6, 13, 20 e 27 22.30h 1€

FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

Xoves 7 ás 21h 5€

COANHADEIRA

Concerto presentación de ‘Bicos con luvas’. 

Nalgúns lugares da Galiza, as coanhadeiras eran aquelas mulleres (ou tamén a vasoira empregada) responsables de varrer os restos do cereal logo das duras xornadas da malla. Con esta idea xorde Coanhadeira no ano 2006, unha banda de música folque que amosa aqueles “restos” musicais conservados até os nosos días a través da tradición oral da cultura galega. Grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus directos cargados de forza, esta banda acadou numerosos galardóns e camiñou sobre moitos dos principais escenarios folque do sur de Europa, como o Festival de Pardiñas, A Carballeira de Zas, o Festival Intercéltico de Ortigueira, Sauga Folk (Colindres – Cantabria), Trobada de Buners (Andorra) ou o Festival Interceltique de Lorient (Francia).

Xoves 21 21h 6€

LEO MINAX + CONVIDADOS

Este artista brasileiro presenta o seu último traballo, ‘Lo que no estaba escrito’, o sétimo publicado en España por este músico inquedo que ten colaborado con moitos artistas ao longo da súa carreira. Presentará as súas cancións en formato acústico (voz e guitarra), tal e como foron concebidas. Subirán ao escenario con el Fred Martins e Narf.

Hoxe nas Crechas Sergio Tanús

A Casa das Crechas acolle hoxe xoves 24 un concerto de Sérgio Tannus, que fará un percorrido especial a través das súas cancións escritas en Galicia e no Brasil. Traeranos un repertorio moi variado que presentará algunhas cancions do CD ‘Son Brasilego’, mais tamén temas instrumentais autorais, cancións dos meus concertos anteriores, clásicos da MPB e a estrea dalgúns temas inéditos do seu vindeiro disco.

Sérgio Tannus é un dos artistas máis completos da “safra brasileira”. Virtuoso en instrumentos variados, como guitarras, baixos, cavaquinho, bandolín e percusións, é autodidacta e foise perfeccionando na procura de novas sonoridades, aliadas ás influencias universais, sen entretanto deixar de lado as súas raíces brasileiras. Dende o 2006, vive en Compostela e, logo de numerosos traballos e colaboracións con outros artistas, para este ano proponnos o proxecto do seu novo disco “Son Brasilego”. Concerto da Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV).

No seu último disco, 'Son brasilego', o artista de Niteroi rodeouse de máis de 40 colaboradores tales como Uxía, Carlos do Carmo, Antonio Zambujo, João Afonso, Narf, Ugia Pedreira e moitos outros, construíndo unha auténtica “ponte musical” entre os países lusófonos, especialmente Galiza e Brasil. 

Segundo Tannus, 'Son brasilego' “aposta polo intercambio, polo estreitamento do contacto cultural e persoal, pola fusión de ideas, polos ritmos e raíces comúns”, di. Alén da música, proponnos reflexionar sobre a nosa identidade e irmandade, especialmente sobre o futuro desta a través da música e da sonoridade atlántica que nos torna brasilegos. Pero, sobre todo, é un “agasallo, un agradecemento a todos aqueles músicos e persoas que fixeron posible o crecemento musical e artístico” de Sérgio Tannus desta beira do Atlántico.

Casa das Crechas - Hoxe Rick Treffers

Hoxe venres 11 MIST (o proxecto de temas en inglés de Rick Treffers) presenta na Casa das Crechas o seu cuarto disco, ‘The Loop of Love’. 

MIST é o proxecto de cancións en inglés de Rick Treffers, compositor, cantante, músico e produtor holandés que vive en España. AsS súas cancións caracterízanse pola súa calidez, as súas harmonías envolventes, as súas letras intelixentes e os seus arranxos tan fermosos como sutís.

MIST está de xira de presentación do traballo por España, Alemaña, Estados Unidos e Holanda. En Galicia virá en solitario en formato acústico. 

En España ‘The Loop of Love’ soan con frecuencia en RAdio 3. É un canto ao amor, á esperanza, aos soños e á nostalxia, ese perenne optimismo romántico, ao desexo e á melancolía. Enfiado dun xeito delicado e sinxelo, é a obra cumio dunha discografía que se ben estivera trufada de momentos brillantes nunca acadara no seu conxunto unha beleza tan íntima e rotunda como a destes 14 temas de pop clásico.

MIST estará o xoves 10 no Pequeño Karma (POntevedra), o venres nas Crechas, o sábado na Casa de Arriba (Vigo) e o domingo n’O Almacén do Avó (O Grove).