IV edición da concentración moteira Milli Riders que terá lugar este fin de semana en Melide

Melide, 30/06/2016 - Os socios do motoclube Milli Riders están actualmente inmersos na organización da IV concentración moteira de Melide que dará comezo este venres día 1 de xullo cunha recepción para todos os inscritos ás 20.00 h
Seguirá o evento cun programa moi activo: ruta en moto polo casco urbano da vila, cena de confraternidade e posteriormente todos os que así o estimen oportuno poderán desfrutar da actuación do cantautor Ricardo Parado, quen versiona a Joaquín Sabina e outras voces do panorama español.

O sábado é o prato fuerte da concentración. Haberá actividade dende o mediodía, cando se programou unha ruta moteira pola comarca coa saída ás 15.00 h da tarde do Cantón de San Roque da vila. A tarde está previsto un show no Cantón de San Roque ás 17.30 h así como un show acrobático da man do mellor acróbata neste campo. A actuación estelar será Burning, todo un icono do rock nacional e sempre valorado polas persoas vinculadas ao movemento moteiro.


Entre as novidades desta concentración está a elaboración dunha paella xigante para máis de cincocentos comensais así como un simulador de moto GP para todos os inscritos sito no Cantón de San Roque. A alcaldesa de Melide, Dalia García, agarda unha gran afluencia de motoristas este fin de semana xa que a concentración moteira de Melide vai collendo máis nome ano a ano o que é evidente polo aumento do número de participantes. Por outra banda, a organización dí ter altas expectativas de asistentes nesta edición xa que é unha cita obrigada a primeiros de xullo no que se acercan a desfrutala non so motoristas da comarca, provincia ou da nosa comunidade autonóma senon incluso de diferentes puntos de España. 

Ningún comentario: