Axenda sábado 29 - Santiago, Tráfico, Teo, Frades, Brión, Oroso

Sábado 29

SANTIAGO

12.00 h
No paraninfo da USC, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á entrega da medalla de ouro “Amigos de Galicia” a Manuel Martín Gómez. 
18.00 h (infantil) e 18.30 h (adultos)
No parque do Restollal, terceira proba do I circuíto de carreiras saudables “Corre San”, organizado pola Concellería de Deportes. 

21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Christoph Prégardien, tenor; e Roger Vignoles, piano; dentro do XIII Ciclo de Lied. [Brahms, Mendelssohn, Schubert, Mahler]

VIII SEMANA CULTURAL DE A ROCHA
11.00h Visita ao Castelo da Rocha dentro do programa Cultura Viva, Fai túa Compostela (Vid programa específico).

rogramación da Asociación de Veciños Serafín Zás:

A partires das 15.30h Inchables, patrocinados pola Concellaría de Festas
19.00h. Celebración da Eucaristía na honra a Santa Eufemia.
20.00h Entrega do galardón ao grupo de teatro da Rocha .
20.15h Mostra de Danzas do Mundo a cargo da Escola de Danza As Feiticeiras: Fusión Flamenca Oriental e Alas de Isis.
Exposición de Artes Gráficas do 25 de Setembro ata o 6 de Outubro. Aberta ao público en horario de martes a sábado de 17.00h a 20.00h.

TRAFICO

Con motivo da execución de obras pola Brigada de Vías e Obras do Concello, a travesa de Picaños permanecerá cortada ao tráfico, no tramo comprendido entre a rúa de Picaños e a glorieta da rúa das Barreiras, dende o vindeiro xoves, 20 de setembro, ata o 11 de outubro.
Durante o período de obras permitirase o paso a residentes e garaxes da zona.
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

TEO

Semana de Jazz organizada por Chevere      +INFO

FRADES

Festas de San Miguel      +INFO

BRIÓN

Festas de Santa Minia e en San Miguel de Boullón      +INFO

OROSO

Baile de maiores      +INFO



Ningún comentario: