Brión - fin de semana musical

FIN DE SEMANA DE FESTAS EN BRIÓN COA ACTUACIÓN DE FEMONI MUSIC DJ´S E O SAN MIGUEL DE BOULLÓN
A carballeira de Santa Minia acollerá mañá sábado a festa de presentación da discoteca móbil Femoni Music
A música será a protagonista esta fin de semana en Brión, coa actuación de Femoni Music DJ´s e as Festas de San Miguel de Boullón. Cos ecos de Santa Minia aínda presentes, a carballeira de Santa Minia acollerá mañá sábado 29 de setembro a festa de presentación da discoteca móbil Femoni Music.

Haberá dúas sesións diferenciadas. A primeira, de 21:00 a 0:00 horas, con música para todos os públicos. A segunda, a partir das 0:00 horas, con música especialmente dirixida á mocidade non só de Brión, senón tamén dos municipios veciños. A participación é totalmente libre e de balde.

San Miguel
Por outra banda, na parroquia de Boullón celebraranse esta fin de semana as festas na honra de San Miguel. Mañá sábado 29 de setembro, a celebración comezará ás 13:00 horas cunha misa solemne na honra de San Miguel seguida dunha sesión vermú a cargo do grupo Troco. Este mesmo grupo, xunto ao dúo Glamour, protagonizarán a verbena nocturna. A festa rematará na mañá do domingo 30 de setembro, coa tradicional misa das 13:00 horas e un pasarrúas a cargo da Banda Municipal de Música de Brión.

Ningún comentario: