A PLATAFORMA DO LIXO CONVOCA AOS VECIÑOS DE AMES A CONCENTRARSE HOXE XOVES, ÁS 19:30 HORAS, DIANTE DO CONCELLO EN PROTESTA POLO COBRO RETROACTIVO DO LIXO NO RURAL
A Plataforma lembra que se trata dunha decisión do actual Alcalde e que se apoia nunha maioría de votos no pleno
A Plataforma do Lixo convoca aos veciños e veciñas de Ames a concentrarse este xoves 27 de setembro diante do Concello de Ames para amosar o seu rexeitamento polo cobro retroactivo do lixo no rural. Unha concentración que terá lugar ás 19:30 horas, antes da sesión ordinaria do Pleno do Concello de Ames.
A Plataforma do Lixo lembra que o cobro retroactivo da taxa do lixo é unha proposta do actual Alcalde, Santiago Amor, fondamente rexeitada socialmente e na que hai dúbidas legais (como demostra a petición dun informe externo por parte do Concello á Deputación da Coruña) e onde existen alegacións dos veciños perxudicados. A proposta da Alcaldía é cobrar retroactivamente a taxa do lixo en Ames a máis de 4.000 familias deste municipio.
O Concello de Ames en vez de solventar este problema en base a argumentos legais, propios dunha sociedade democrática, está optando por unha solución máis autoritaria, propiciada pola súa maioría no Pleno. Unha solución de total desprezo hacia os seus veciños e veciñas.
A Plataforma do Lixo está composta por: AV. o Corpiño de Oca, AV. A Mercede de Lapido, Pedra do Fuso de Ames, San Xoanciño de Pousada, AV. de Bugallido, AV. O Reguiño de Raices a Casanova, AV. San Paio de Lens, AV. Paravent de Paramuíño e Ventín (Biduido), AV. de Cobas, AV. Monte do Crego de Trasmonte, AV. Quistilans o Cantiño, AV. Santa Mariña da Ameixenda, AV de Riamontes, AV. Piñeiro, “Lojo Batalla” de Tapia, AV de Agrón, BNG, PSOE e Ames Novo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario