O Concello de Ordes aproba as contas do 2011
O pleno extraordinario celebrado esta mañá en Ordes dou por aprobadas as contas do exercicio 2011. “Unhas contas mellores cas anteriores e que supoñen un avance en beneficio para os veciños e veciñas do municipio”, según palabras da tenente alcalde Silvia Marín. A concelleira tamén apelou á lóxica para sacar adiante a súa aprobación “xa que durante 23 días estiveron expostas ó público e nese prazo ninguén expresou a súa disconformidade nin dixo nada en contra”.
En alusión á crítica plantexada polo BNG, na que se concreta nun millón de euros o gasto non orzamentado, a voceira do Goberno local recoñeceu que “foi preciso realizar modificacións á alza no apartado de obrigas fiscais. Un axuste que non só se tivo que facer en Ordes, senón en outros moitos municipios para poder seguir mantendo certos servizos sociais”. Un incremento que Intervención ten xustificado debido a unha serie de gastos imprevistos, tal e como puntualizou Silvia Marín.
Grazas a aprobación conseguida cos 8 votos de UXO e PSOE, fronte á negativa de BNG e PP (7 votos), “o Concello poderá optar ás subvencións propostas dende a Xunta de Galicia”, explicou o alcalde Manuel Regos. No seu turno de palabra o máximo representante municipal demandou das demais forzas políticas “un exercicio de responsabilidade de cara á veciñanza co fin de poder optar a este tipo de axudas tan importantes”. Un aspecto de relevante importancia que o interventor municipal lles explicou ós voceiros de cada grupo nunha xuntanza mantida recentemente con todos eles. Neste aspecto o PSOE criticou “as poucas axudas que dende a Xunta se lle están a brindar ós veciños e veciñas de Ordes, supoñendo u agravio e perxuicio para os veciños e veciñas de Ordes”.
Na sesión de hoxe, e de xeito unánime, tamén foron aprobados os sorteos dos membros das mesas electorais de cara ós próximos comícios autonómicos”.
BNG ORDES
O BNG REXEITA A CONTA XERAL DE 2011 E CRITICA AO ALCALDE POLO SÚA ACTITUDE ANTIDEMOCRÁTICA
O alcalde non aceptou o rexeitamento por parte da maioría do Pleno da Conta Xeral de 2011 e convocou plenos extraordinarios en horarios laborais para evitar a asistencia de todos os concelleiros da Corporación.
Gonzalo Castro acusou ao alcalde de “autismo político e de ausencia e talante dialogante”.
O portavoz municipal do BNG xustificou o voto en contra do BNG afirmando que “o informe do interventor advirte da existencia de máis dun millón de euros de gastos de dificil xustificación”.
O BNG rexeitou de novo a liquidación da Conta Xeral de 2011, que xa fora rexeitada pola maioría do Pleno da Corporación Municipal nun Pleno extraordinario celebrado no mes de agosto.
O potavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, criticou duramente ao alcalde “por convocar reiteradamente Plenos extraordinarios en horario laboral para tratar de provocar a ausencia dalgún concelleiro e aprobar a Conta Xeral pola porta de atrás, retirando este punto da orde do día cando constataba a asistencia de todos os concelleiros, até que finalmente até que hoxe conseguiu o seu obxectivo, ao faltar ao Pleno dous conelleiros por motivos laborais”.
Castro acusou ao alcalde de “autismo político e de ausencia e talante dialogante, ao ser incapaz de de chegar a consensos e mesmo subvertir fraudulentamente a maioría do Pleno da Corporación”.
Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG, manifestou que “o alcalde en ningún momento se dirixiu ao BNG para aprobar a Conta Xeral, porque sabía que lle íamos pedir explicacións sobre o contido do informe da intervención municipal sobre a Conta Xeral de 2011, que confirma a existencia de máis dun millón de euros de gasto que non se incluiron nos Orzamentos de 2011, o que fai sospeitar da existencia de gastos de difícil xustificación por parte do alcalde e o seu goberno”.O portavoz naionalista preguntouse “que xestión se está a facer por parte do alcalde en Ordes se cada día aumenta máis a débeda, mentres vemos como empeoran os servizos púbicos, e non se destina nin un euro á creación de emprego?, en que se está gastando esta cantidade inxente de diñeiro?”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario