O PLENO VOTARÁ O PLAN DA DEPUTACIÓN DTC:94 NO QUE SE RECOLLE A OBRA DE ACONDICIONAMENTO DO VIAL RECESENDE-CATRO CAMIÑOS
Unha parte da subvención do plan provincial acordou destinarse a gasto corrente
A corporación tamén votará unha modificación do regulamento do cemiterio para introducir o servizo do columbario
A corporación teense reúnese este xoves 27 de setembro para celebrar a sesión ordinaria do pleno deste mes. O debate comezará ás 20:00 horas, no horario de tarde habitual, para facilitar a asistencia das persoas interesadas. Celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa, con trece puntos na orde do día.
Un dos puntos centrais do debate será a aprobación do plan da Deputación DTC 94. A proposta municipal consensuada co resto dos grupos da corporación é que a través destes fondos se execute a obra de acondicionamento do vial Recesende-Catro Camiños cun orzamento de 135.495 euros. A proposta recolle que unha parte deste plan se destine a gasto corrente, concretamente 174.117 euros.
Outro asunto que se debaterá na sesión é a modificación do Regulamento do cemiterio municipal de Teo que se realiza para introducir o servizo de columbario que se realizou nos últimos meses e non existía cando se aprobou inicialmente o texto.
O pleno tamén decidirá os festivos locais para o ano 2013, sendo a proposta da alcaldía a do día da Ascensión, o 9 de maio e o San Martiño o 11 de novembro, como vén sendo habitual en Teo.
Orde do día do pleno:
Aprobación da acta da sesión do 26.07.12.
Dar conta das resolucións da alcaldía (da 500/12 á 673/12).
Dación de conta do informe de intervención do cumprimento dos prazos de pago das operacións comerciais 2º trimestre 2012.
Proposta da alcaldía de toma de coñecemento da renuncia de D. Eloy Gesto Beiroa como concelleiro da Corporación Local de Teo.
Ditame da proposta da alcaldía de aprobación da Conta Xeral do Concello de Teo correspondente ó exercicio 2011.
Ditame da proposta da alcaldía de modificación do regulamento do cemiterio municipal de Teo.
Ditame da proposta da alcaldía de aprobación do Plan “DTC 94: Unha Deputación para todos os Concellos”.
Ditame da proposta da alcaldía de aprobación dos festivos locais de Teo para o ano 2013.
Ditame da moción do Grupo Municipal Mixto (PSdeG-PSOE) sobre administración electrónica do Concello de Teo.
Ditame da moción do Grupo Municipal do BNG para impedir a perda de poder adquisitivo das empregadas e empregados públicos afectados polo Decreto 20/2012.
Ditame da moción do Grupo Municipal do BNG para a impugnación do Real Decreto-Lei 24/2012 que legaliza a fraude das participacións preferentes.
Mocións.
Rogos e preguntas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario