POSICIÓN SOBRE A DIMISIÓN DE ADOLFO GACIO
Respectando a presunción de inocencia, criticar o fraude da decisión de Gacio que renuncia á alcaldía pero seguirá gobernando na sombra
Lamentamos o dano que se lle está facendo á imaxe do Concello
Dende a Anova Boqueixón e como concelleiro da Corporación de Boqueixón lamentamos a situación xenerada no Concello pola detención e imputación de Adolfo Gacio dentro da operación Pokemon. Respectando a presunción de inocencia de calquera persoa que non está xulgada nin condenada, a decisión de Gacio de renunciar “voluntariamente” á alcaldía pero non á acta de concelleiro, convérsese nunha auténtica fraude aos veciños de Boqueixón.
Esta argucia consumada por Gacio e por Feijóo significa na práctica a imposición dun “home de
palla” que lle permitirá ó alcalde seguir gobernando na sombra. A maiores cabe preguntarse se o código ético aplicado polo Partido Popular lle afecta só ós acaldes pero a mesma honorabilidade non se demanda dos concelleiros, xa que se lle permite a Gacio manter a militancia e o seu posto de concelleiro na oposición.
Asemade tamén queremos destacar que nos parece unha “indecencia” as declaracións de Gacio nas que tenta desviar a atención sobre a mesa de contratación da adxudicación polo que foi detido. Non parece propio dunha persoa que leva gobernando unha administración local pór baixo sospeita a actuación dos funcionarios e concelleiros doutras forzas presentes na mesa.
Dende a nosa formación fomos prudentes dende os primeiros momentos da detención
confiando en que o alcalde tomaría a mellor decisión para os intereses municipais. Unha vez
máis esto non parece ser o espíritu que rixe as decisións do Partido Popular poñendo por diante do colectivo os intereses persoais. Temos que criticar con contundencia o dano que este asunto lle fai á imaxe colectiva do Concello de Boqueixón e a súa veciñanza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario