José Luis Espiño volve a mentir sobre a tramitación de licencia do cemiterio de Lamela
-“Hai que ter descaro para sair na prensa dicindo que xa mandara os documentos que faltaban á Xunta cando aínda os presentou onte no Concello”, sinala a alcaldesa
Paula Fernández rexeita as acusacións do voceiro popular ao dicir que o Concello quere “asustar” aos veciños de Lamela, cando o que pretende e “evitar que outros os asusten con enganos. Unha vez que o expediente foi paralizado pola conselleria de urbanismo por falla de pagamento, din como responsable de urbanismo conta á xunta de goberno local, porque xa conocemos a forma de actuar de espantoso e non queríamos que nos acusara de que era o goberno quen retrasaba o expediente”, explica
O voceiro do Partido Popular de Silleda e membro da asociación de veciños de Lamela, José Luis E. Espantoso, volve a mentir sobre a tramitación do cemiterio de Lamela, o asegurar públicamente que, unha vez reiniciado o expediente logo de pagar as taxas que lle foron reclamadas en dúas ocasións, quedaba so pendente de aportar unha documentación complementaria que, segundo as verbas recollidas nos medios de comunicación, xa foran entregada pola asociación na Conselleria de Sanidade. “Minteu directamente porque a documentación que requireu Sanidade debe ser obrigatoriamente tramitada a través do Concello e non entregada na Xunta de Galicia, e que ata onte, a última hora non a entregou nas dependencias municipais”.
Lamenta a Alcaldesa que o expediente de licencia para o cementerio “está sufrindo un retraso lamentable por culpa da ineptitude de unha persoa que non fai mais que tentar xustificalo con patrañas” e engade “que os veciños reclaman ese cemiterio dende fai anos, e non é de recibo que ninguén xogue con eles”
Por outra banda, sobre as acusacións vertidas contra o goberno municipal polo voceiro popular dicindo que queren “asustar aos veciños” , Paula Fernández di que o que quere é precisamente “evitar que outros os asusten con enganos” e recorda que “como responsable municipal de Urbanismo, e unha vez que o expediente foi paralizado pola Conselleria de Urbanismo por falla de pagamento, din conta á Xunta de goberno local, porque xa coñecemos a forma de actuar de Espiño e non queríamos que nos acusara de que era o goberno quen retrasara o expediente”, engade.
A rexedora avanza que o Concello está traballando “coa máxima celeridade” para evitar que o expediente da obra “sufra paralizacións polas prácticas do señor Espiño” e advirte aos veciños que “poden confiar en que o Concello resolverá o expediente nas mellores formas”.
“Xa estamos afeitos á súa desfachatez como concelleiro e voceiro da oposición, lanzando acusacións gratuitamente, pero vese que como representante veciñal o señor Espiño tampouco ten prezo”, di alcaldesa. “Eu non lle vou pedir a dimisión, eso xa o fai sempre o seu partido con nós, pero sí lle recomendo que reflexione, porque un cargo público, sexa concelleiro ou tesoureiro dunha asociación, non pode mentir aos cidadáns”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario