Venres 28
SANTIAGO
10.30 h
No Pazo de Amarante (Algalia de Abaixo, 24), o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, asinan o convenio de colaboración para o acceso público ao xardín do Pazo de Amarante. (Sinatura: SÓ GRÁFICOS. Declaracións ao remate).
11.30 h
No salón de actos do Centro de Innovación Cultural da Cidade da Cultura, a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, asiste á entrega dos premios extraordinarios de Bacharelato e Formación Profesional de Grao Superior.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis, para presentar as Xornadas Internacionais de Coaching.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Obras e Infraestruturas, María Castelao, sobre asuntos da súa área.
13.00 h
En San Lázaro, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, aiste ao VII aniversario do centro residencial SARQuavitae.
20.00 h
No Pazo de Fonseca, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á IX Edición dos Premios Rosalía de Castro.
21.00 h
No Teatro Principal, Teatro Ensalle presenta 'Miniaturas' de Pedro Fresneda. Dirixida por Fresneda e con Raquel Hernández, Artús Rei e Jorge Rúa. Dentro do ciclo Teatro&Danza.
21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maxinimo Zumalave dentro do II Festival Peregrinos Musicais.
VIII SEMANA CULTURAL DE A ROCHA
17.30h Obradoiro Imprimimos o noso libro.
20.30h Presentación do libro La locura y el bisturí, I Centenario de Don Timoteo Sánchez Freire de Fernando Ponte e Isabel Rego, adicado a Don Luciano García AlénExposición de Artes Gráficas do 25 de Setembro ata o 6 de Outubro. Aberta ao público en horario de martes a sábado de 17.00h a 20.00h.
TRAFICO
Con motivo da execución de obras pola Brigada de Vías e Obras do Concello, a travesa de Picaños permanecerá cortada ao tráfico, no tramo comprendido entre a rúa de Picaños e a glorieta da rúa das Barreiras, dende o vindeiro xoves, 20 de setembro, ata o 11 de outubro.
Por mor da retirada dun guindastre pecharase ao tráfico a rúa Pexigo de Abaixo entre as 7.00 e as 19.00 horas de hoxe, venres 28 de setembro. Permitirase o acceso a garaxes da zona e residentes, que deberán entrar e saír pola rúa da Ensinanza.
AMES
presentación de "Bálano" de duardo Rojas Rebolledo +INFO
Ningún comentario:
Publicar un comentario