SANTIAGO
Martes 25
11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.
11.30 h
En Fontiñas (na praza Sofía), posta en funcionamento dos novos colectores de recollida de roupa e calzado. Asisten o alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro Juan de la Fuente.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde da cidade, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentan a programación do ciclo Íntimo&Acústico para este cuadrimestre setembro-decembro 2012.
13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe á Asociación de Veciños Compostela Vella.
20.00 h
No Centro Sociocultural da Rocha, o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura a VIII Semana Cultural da Rocha.
21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Asmik Grigorian, soprano, e Roger Vignoles, piano; dentro do XIII Ciclo de Lied. [Chaikovski, Komitas, Dvarionas, Tollat-Kelpsa] +INFO
VIII SEMANA CULTURAL DA ROCHA
17.30h Obradoiro Imprimimos o noso libro.
20.00h Inauguración da Semana Cultural con Don Xosé Luis Méndez Ferrín, Presidente da Real Academia Galega, o Excmo. Señor Don Ángel Currás, Alcalde de Santiago, e Don Francisco Noya, Concelleiro de Centros Socioculturais. Exposición de Artes Gráficas do 25 de Setembro ata o 6 de Outubro. Aberta ao público en horario de martes a sábado de 17.00h a 20.00h.
TRÁFICO
Con motivo da execución de obras pola Brigada de Vías e Obras do Concello, a travesa de Picaños permanecerá cortada ao tráfico, no tramo comprendido entre a rúa de Picaños e a glorieta da rúa das Barreiras, dende o vindeiro xoves, 20 de setembro, ata o 11 de outubro.
Durante o período de obras permitirase o paso a residentes e garaxes da zona.
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.
BRIÓN
Festas no concello +INFO
TEO
Semana adicada o Jazz organizada por Chevere +INFO
CENTRO TRANSFUSIÓN
SANTA COMBA
UNIDADE MÓBIL DIANTE DO CENTRO DE CULTURA
10:00 - 14:00
16:00 - 21:00
SIGÜEIRO(OROSO)
UNIDADE MÓBIL DIANTE DO CENTRO MÉDICO
16:00 - 21:00
Ningún comentario:
Publicar un comentario