O Concello de Ames recibiu o informe solicitado á Deputación sobre o cobro da taxa do lixo no rural, no que se ratifica o procedemento e se avala o informe dos técnicos municipais
No documento, asinado polo servizo de asistencia económica a municipios da Deputación, advírtese das responsabilidades penais, patrimoniais e contables que suporía para o Concello a anulación dese proceso, iniciado polo anterior Executivo socialista e que por imperativo legal tivo que ser continuado.
Coa solicitude deste informe, o Goberno amiense amosou a súa vontade de cumprir a legalidade e de transparencia, que agora continuará dándolle traslado do informe á oposición. Ademais, o alcalde convocará aos representantes da plataforma a unha reunión.
Este informe fai fincapé en que a posibilidade de“deixar caducar” o procedemento de maneiraintencionada pode cualificarse como conduta dolosa esuporía a aplicación do artigo 176 da Lei 47/2003. Nesteartigo, establécese que as autoridades estaríanobrigadas a indemnizar á Facenda Pública estatal, conindependencia da responsabilidade penal oudisciplinaria que lles poida corresponder.
Ames, 26 de setembro de 2012. As teses mantidas polo Concello de Ames respecto ao inicio do expediente e do contrato sobre o cobro da taxa do lixo no rural, asinado no seu día polo anterior alcalde socialista, foron refrendadas a través do informe solicitado polo actual Goberno amiense á Deputación da Coruña sobre o cobro con retroactividade. O informe do organismo provincial ratifica o documento elaborado pola Secretaría, Intervención e Tesourería Municipal e advirte das responsabilidades penais, patrimoniais e contables que suporía para o Concello a anulación dese proceso, iniciado polo anterior Executivo socialista amiense e que por imperativo legal tivo que ser continuado.
O organismo provincial vén de remitir ao Concello de Amesun informe de oito páxinas, que foi elaborado polo servizode asistencia económica a municipios da Deputación. Estedocumento reitera desde o primeiro momento “a totalcoincidencia co contido do informe conxunto da Secretaría,Intervención e Tesourería Municipais do 30 de maio de2012”. Neste informe destácase que o procedemento decomprobación limitada é un dos que regula a Lei XeralTributaria para a comprobación da situación tributaria doscidadáns por parte da Administración tributaria municipal,que debe aplicalo segundo as facultades e límitesdeterminados por esta propia lei.
Ademais, faise fincapé en que, de acordo co establecido noart. 103 desta normativa, a Administración Tributariamunicipal está obrigada a resolver expresamente todas ascuestións planteadas nos procedementos de aplicación dostributos. Segundo destaca, a posibilidade de “deixarcaducar” o procedemento de maneira intencionada podecualificarse como conduta dolosa e suporía a aplicación doartigo 176 da Lei 47/2003. Este artigo establece que “asautoridades e demais persoal ao servizo das entidadescontempladas no artigo 2 desta lei que por dolo ou culpagraves adopten resolucións ou realicen actos coninfraccións das disposicións, estarán obrigados aindemnizar á Facenda Pública estatal ou, no seu caso, árespectiva entidade os danos e prexuízos que sexanconsecuencia daqueles, con independencia daresponsabilidade penal ou disciplinaria que lles poidacorresponder”.
O documento vai máis alá e asegura que se estaría ante undano ou menoscabo doloso da facenda municipal quedetermina a obriga de indemnizar por parte de todas asautoridades e demais persoal ao servizo do Concello queadopten, por dolo ou culpa grave, resolucións ou realicenactos con infracción desta lei. Ademais, o organismoprovincial incide en que administrar os recursos da FacendaPública sen suxeitarse ás disposicións que regulan a súaliquidación, recadación ou ingreso constitúen supostos quepoden xerar responsabilidade patrimonial.
O informe subliña claramente as responsabilidades quesuporía tomar a decisión de paralizar ese proceso edestaca que a responsabilidade de quen participe naresolución ou no acto será mancomunada, excepto noscasos de dolo, que será solidaria. Sobre a responsabilidadecontable, o informe fai referencia ao artigo 38 da LeiOrgánica 1/1982, do Tribunal de Contas, que establece aobriga de indemnizar á Facenda Pública por parte dos que,por acción ou omisión, a menoscaben.
Transparencia e legalidade
Nas reunións mantidas entre o Goberno amiense e ocolectivo de afectados polo cobro da taxa do lixo no rural,os membros do Executivo puxeron sobre a mesa a súaaposta polo diálogo e por resolver a situación sempredesde o cumprimento da seguridade xurídica e dalegalidade.
Coa solicitude deste informe á Deputación da Coruña, oGoberno amiense amosou a súa vontade de transparencia,que agora continuará dándolle traslado deste informe á oposición. Ademais, o alcalde convocará aosrepresentantes da plataforma a unha reunión na que seabordará este informe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario