Psoe Teo - valoración do pleno de setembro

VALORACIÓN DO PLENO DE TEO DO MES DE SETEMBRO 
No Pleno de setembro de 2012, tratáronse diversas cuestións tanto económicas como sociais, de gran interese para a cidadanía teense. 
A aprobación da Conta Xeral do ano 2011 amosou, unha vez mais, a xestión desastrosa do equipo de goberno de Martiño Noriega, con datos arrepiantes como o aforro neto negativo, -572.000 euros, ou o aumento da débeda viva nun 39% nun ano. A solución a esta situación pasa, conforme sinalou a concelleira do PSdeG de Teo, por un efectivo control do gasto e unha maior 
responsabilidade na determinación dos ingresos. Uxía Lemus, ademais, solicitou ao equipo de goberno que cumpra a normativa contractual. 
Ante o contido dos Informes da Intervención municipal, que sinalan irregularidades en servizos como o de Teo Madruga prestado por unha empresa sen contrato, Martiño Noriega sinalou que hai outras prioridades nos temas contractuais e que se irán “regularizando”, adecuándose aos medios técnicos ao respecto. Reflexións que desde o PSdeG se rexeitaron porque enmascaran incumprimentos normativos prolongados no tempo, por exemplo, no servizo anteriormente citado prestado sen contrato desde hai xa 3 anos. 
Outro punto do día foi a aprobación do Plan DTC 94, de 309.000 euros da Deputación para o Concello de Teo, que se vai dedicar, nun 56% ao pagamento de gasto corrente, mais concretamente ao pagamento de facturas do alumeado público. O mal estado económico do Concello amosase en decisións como esta, na que se dedican fondos doutras Administracións para o pagamento de facturas, e non para inversión. Uxía Lemus abstívose na votación, explicando que aínda que no Plan se inclúe unha importante obra, como o acondicionamento do vial Recesende-Catro Camiños, de vital importancia para Teo, o emprego deste tipo de fondos para pagamento de gasto corrente reduce tanto a escasa labor dinamizadora e de fomento do emprego do Concello, como as inversións na mellora de infraestruturas municipais. 
Amosamos a nosa satisfacción polo feito de que a moción socialista presentada para implantar dunha vez por todas a sede electrónica no Concello fose apoiada por todas as forzas políticas. Agardemos que na maior brevidade a cidadanía teense poda presentar e recibir todo tipo de documentación de forma telemática, sen ter que acudir presencialmente ao rexistro municipal. 
Así mesmo, os Socialistas de Teo queren felicitar a Asociación Teenses pola Igualdade, na súa iniciativa de presentar ás forzas políticas de Teo unha moción, aprobada por unanimidade, na que o Concello se adhire á Plataforma

Ningún comentario: