BNG Ordes - o BN esixirá no pleno de hoxe explicacións sobre a contratación da muller do concelleiro

O BNG ESIXIRÁ EXPLICACIÓNS AO ALCALDE NO PLENO DESTE XOVES SOBRE A CONTRATACIÓN POLA ADXUDICATARIA DA GARDERÍA DA MULLER DUN CONCELLEIRO

O Pleno terá lugar este xoves, 27 de setembro, ás 20:00, e debatiranse tamén as mocións do BNG sobre os problemas do colexio Castelao, o futuro da piscina climatizada e a paga extra dos traballadores municipais.
Gonzalo Castro, portavoz do BNG de Ordes, anunciou que presentarán unha iniciativa no Pleno deste xoves, ás 20:00, para que o alcalde dea explicacións sobre a “o feito de que a empresa adxudicataria da Escola Infantil, que está a ser investigada xudicialmente, teña contratado á muller do concelleiro de cultura do goberno presidido por Manuel Regos, para facer labores de cociña na Escola Infantil”.Mocións do BNG

O Pleno tamén debatirá 3 mocións do BNG:

- A primeira para garantir unha compensación aos traballadores municipais pola perda da paga extra.

- A segunda para garantir a continuidade das actividades e dos traballadores da piscina climatizada.

- A terceira para esixir á Xunta de Galiza que resolva os problemas existentes no colexio Castelao, que ten unha evidente falta de medios humanos e materiais.
Sen outro particular, reciban un cordial saúdo.

Ningún comentario: