BNG A Estrada - encontro con Francisco Jorquera

Encontro con Francisco Jorquera

Este xoves día 27, ás 9 da noite, na sala Gradín da Estrada, contaremos coa presenza de Francisco Jorquera, que é o candidato do BNG á presidencia da Xunta.

Neste acto, que é aberto a todos os veciños e veciñas da Estrada, Francisco Jorquera expoñerá a liñas mestras do programa electoral do BNG, que, como non podía ser doutro xeito, está moi centrado nas medidas económicas para superar a crise, así como na nosa capacidade para decidir de Galiza alí onde estean en xogo os nosos intereses.

Por outra parte, este encontro pretende ser un acto de contacto directo do candidato cos veciños no que serán estes os protagonistas principais, xa que contaremos con persoas de sectores como o agro que darán conta de cales son os problemas, que neste caso son moitos e estas eleccións serán vitais para poñerlle solución ou cando menos para iniciar a recuperación dun sector gandeiro afundido por decisións que te toman na Unión Europea e a parálise do Estado e da Xunta.

Ningún comentario: