Silleda - comeza o derrube da vivenda de Agro do Balo

Os traballos de demolición da vivenda
de Agro do Balo comezaron hoxe

O derrube, asumido polos propietarios co apoio de maquinaria e personal municipal, permitirá continuar a dotación da acera neste tramo da rúa da Bandeira

 Os traballos de derrube da parte da vivenda que estaba invadindo a calzada na rúa Agro do Balo da Bandeira comezaron hoxe coa participación de maquinaria e personal municipal. A execución será asumida pola familia propietaria da casa, coa que a alcaldesa, Paula Fernández Pena, retomou o acordo que tiñan antes da moción de censura de 2009 para despexar o tramo da rúa que ocupada parte da construcción.

Para a execución dos traballos foi preciso cortar a rúa ao tráfico. O concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Cuíña, explica que unha vez despexados os restos do derrube os propietarios encargaránse da construcción dun peche. “Logo o Concello asumirá a continuación da beirrúa no tramo que ocupaba parte da casa”, engade. 

Co derrube desta construcción, a rúa Agro do Balo quedará cunha estética uniforme, con beirarrúas das mesmas dimensións en ambalas dúas marxes. O goberno municipal agradece á familia propietaria que “mantiveran o compromiso acadado xa no ano 2009 para liberar a rúa”. 

As obras, cunha inversión de case 358.000 euros foron acometidas cunha axuda autonómica, e requeriron tamén no seu día o derrube dos cerramentos de varias vivendas. A alcaldesa mantivo daquela varios encontros cos veciños e propietarios desta rúa, cos que se acordou destinar parte do investimento a financiar a reposición dos peches. Esta travesía, logo das obras realizadas conta con todas as infraestruturas necesarias, tanto de abastecemento como de saneamento de auga, iluminación, canalización de rede de gas, e telefonía, así como zona de aparcamento e diverso mobiliario urbano. 

A anchura da calzada é de 14 metros en total, repartidos en dous carrís, e beirarrúas de 2,5 metros cada unha. A rúa tamén conta con zona de aparcamento nunha das marxes.

Ningún comentario: