BNG Ordes - o BNG denuncia a contratación da muller dun concelleiro do equipo de goberno

O BNG DENUNCIA QUE A ADXUDICATARIA DA GARDERÍA MUNICIPAL, DO GRUPO VENDEX, CONTRATOU Á MULLER DO CONCELLEIRO DO GOBERNO MUNICIPAL 

Gonzalo Castro afirmou que “Sermasa, adxudicataria da Garderia Municipal, empresa investigada na operción Pokemon, botou á persoa que facía labores de cociña na gardería para contratar á muller dun concelleiro do goberno presidido por Manuel Regos”.

O portavoz do BNG anunciou que o BNG “esixirá explicacións ao alcalde no Pleno do próximo xoves, polo que consideramos un escándalo que fai sospeitar da existencia dun caso de nepotismo”.

Gonzalo Castro, portavoz do BNG de Ordes, manifestou que “a empresa adxudicataria da Escola Infantil, que está a ser investigada xudicialmente, contratou á muller do concelleiro de cultura do goberno presidido por Manuel Regos, para facer labores de cociña na Escola Infantil”.

O portavoz do BNG afirmou que “a empresa adxudicataria deste servizo municipal botou á persoa que estaba a facer o traballo de cociña na escola, contratando no seu lugar case inmediatamente á muller dun concelleiro do goberno de UxO”. 
Gonzalo Castro anunciou que o seu grupo político esixirá “esixirá explicacións ao alcalde no Pleno do próximo xoves, polo que consideramos un escándalo que fai sospeitar da existencia dun caso de nepotismo no noso Concello”.

Ningún comentario: