Ordes - 300 novos títulos para a biblioteca municipal

Máis de 300 novos títulos de obras infantis e para adultos forman xa parte do fondo da biblioteca municipal de Ordes
As actividades ‘Tardes de contos e lendas’, ‘Encontros com...’ e as visitas escolares reanudaranse a partir do próximo mes
Máis de 230 títulos novos forman xa parte do fondo bibliográfico da biblioteca municipal de Ordes. Libros que xa colgan das estanterías tanto de literatura infantil como de adultos. Os responsables do centro destacan as obras de terror xuvenil, que tanta demanda están a ter nestes últimos anos, así como títulos tan coñecidos como ’50 sombras de Grey’, ‘Palmeras en la nieve’ e ‘La sangre de los inocentes’. En relación a este aspecto hai que destacar o incremento no número de donacións particulares, moitas delas rexistradas dende o inicio da campaña de préstamo entre particulares ‘Lendo compartimos’. Unha iniciativa que ten rebasado con creces as previsións iniciais da organización. 

Por outra banda hoxe deuse a coñecer o regreso de ‘Tardes de contos e lendas’ a partir do próximo mes de outubro. Tal e como viña acontecendo terán lugar o último venres de cada mes na mesma biblioteca. O obxetivo é o de achegarlle ós máis novos a literatura e a biblioteca dun xeito divertido á par que se fomenta o hábito á lectura. Tamén está prevista a reanudación en breve de ‘Econtros con...’, unha actividade que pon en contacto grupos culturais, profesionais e xente de diversos ámbitos co fin de compartir experiencias e ampliar coñecementos. No que respecta á nova tempada das visitas escolares os encargados de abrila serán os alumnos de ESO do IES Maruxa Mallo. Concretamente serán os días 28 de septembro e 5 de outubro en horario de mañá cando acudan á biblioteca para realizar un percorrido por todas as instalacións e coñecer cada un dos servizos que se prestan. 

Outro aspecto que caracteriza á biblioteca de Ordes é o notable incremento no seu número de socios, que actualmente superan xa os 1.700. Moitos destes usuarios proveñen doutros concello de comarca, animados polos servizos que se prestan, polo número de exemplares que posúe o centro, así como polo seu amplo horario. 
Por último lembrar que estes días a biblioteca municipal de Ordes expón unha mostra da pintora local Silvia Fraga. Esta artista caracterizase pola súa especialización em temas como a vexetación e a figura femenina, así como pola utilización sobrexalta da cor.

Ningún comentario: