A parroquia de Poulo a celebra as súas festas na honra da Nosa Señora da Merced. Unha celebración que a pesar das malas condicións meteorolóxicas contou cun numeroso público que se abrigou baixo a carpa instalada especialmente para a ocasión. Gracias a elo, e tras a misa solemne que tivo lugar ás 13 horas, puideron disfrutar das actuacións dos grupos tradicionais Embruxo de Leira e Camiño Real de Poulo, así como das orquestas Aché e Palladium.
De cara a xornada de hoxe novamente volverá a celebrarse unha misa solemne ás 13 horas, tras a que novamente se volverá a contar com música tradicional. As orquestas Bámbola e Ciclón subirán ó escenario na sesión vermú e pola noite, co fin de facer bailar a todos os que se acheguen ata esta cita.
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario