Ordes - o pleno aproba obras na rúa Galicia e renovación do alumeado na rúa Lagartos

O Concello de Ordes levará a cabo obras de arranxo na rúa Galicia e renovará o alumeado nas rúas Nova e Lagartos
No pleno extraordinario celebrado esta mañá no Concello de Ordes acordouse levar a cabo varias obras e intervencións incluídas dentro do DTC 94 da Diputación Provincial. Un plan que no caso de Ordes tradúcese nun investimento de 327.000 euros que se destinarán no ámbito da vila, “reservándose o seguinte POS para as parroquias” tal e como especificou Manuel Regos. Entre as máis destacadas figuran o arranxo da rúa Galicia, así como a renovación do alumeado público neste mesmo vial e nas rúas Lagartos e Nova. Unhas obras, estas últimas, que comezarán a executarse no mes de novembro e que espérase estén rematadas antes de finalizar o ano. Tanto o PP como o BNG abstivéronse nunha votación que saiu adiante cos votos de UXO, PSOE e CIDEGA.

Outro dos puntos da orde do día facía referencia á modificación do horario da piscina climatizada, que pechará de 14 a 16 horas, “o que suporá un aforro dalgo máis de 12.000 euros que se poderán destinar a becas sociais” tal e como informou a voceira municipal Silvia Marín. Un aforro que o equipo de Goberno local espera que sexa un atractivo engadido para as empresas que queiran optar á xestión das instalacións. “Unhas instalacións que son unha preferencia para este Goberno, tal e como se entende despois das obras de ampliación e remodelación do ximnasio ubicado no mesmo inmoble e que se acaban de realizar”. Marín lembrou “que a situación económica e os tempos cambiaron e temos que adaptarnos ás circunstancias e priorizar aqueles horarios nos que vai máis xente, como é a primeira hora da mañá e última da tarde”. Ainda así dende o Concello aseguran “que se manterán todos os postos de traballo”. Unha demanda que tamén plantexou o PSOE, quen ademais reclamou un trato preferencial para os veciños e veciñas do municipio “si é que o Concello vai correr cos gastos, ou ben plantexar a súa comarcalización”. Xesús Pedreira tamén solicitiu que se quite a concesión á empresa que a está xestionando “o antes posible”. Finalmente a proposta saiu adiante cos votos a favor de UXO, PSOE e CIDEGA, mentres que PP e BNG votaron en contra.

Na sesión de hoxe tamén se acordou valorar a actividade daqueles que dende hai anos rexentan postos na praza de abastos de cara á próxima adxudicación, “xa que foron eles quenes ata o de agora mantiveron com vida este espazo comercial”, tal e como ratificaron todos os grupos políticos. Recentemente o alcalde mantivo unha xuntanza con eles na que se lles confirmou que se mantería o compromiso acadado coas restantes formacións no referente ó futuro da súa actividade dentro do recinto. Neste sentido a abstención do PP e a negativa do BNG non bastaron para botar por terra un recurso presentado por unha das comerciantes que se negaba a pagar as tasas, tal e como se explicitaba nun informe emitido por Intervención.

Ningún comentario: