Paula Fernández pecha a negociación cos propietarios da casa que ocupa parte da calzada na rúa Agro do Balo para o seu derribo
Os traballos para tirar esta parte da edificación terán lugar o vindeiro martes, con maquinaria municipal
“É para nós unha gran satisfacción poder retomar o acordo que tiñamos no ano 2009, antes da moción de censura, e así poder deixar despexada a rúa logo da súa urbanización”, dí a alcaldesa
A Alcaldesa de Silleda alcanzou un acordo cos propietarios dunha vivenda sita na rúa Agro do Balo, para que, aproveitando as obras de reforma, se faga a demolición da zona da mesma, que está a ocupar parte das beirarruas e que impedía a circulación dos peóns “Isto demostra que con boa vontade e traballo en equipo entre a administración e o cidadán se poden conseguir as cousas”, dí a rexedora,
Esta negociación se inciou no ano 2009 antes da construcción da rúa pero vironse truncadas cando en outubro do citado ano se presentou a moción de censura. “Agora fomos capaces de retomar aquel acordo cos donos desta construcción, aos que quero agradecer que mantiveran o seu compromiso”, engade Paula Fernández
Co derrubamento desta casa, a calzada de Agro do Balo quedará totalmente liberada, e co mesmo tamaño nas beirarrúas de ambas marxes, “algo que sen dúbida contribuirá a mellorar a imaxe nesta zona da Bandeira”, engade Paula Fernández.
Os traballos para demoler a construcción terán lugar o vindeiro martes e serán executados polos propietaris coa colaboración da maquinaria municipal.
As obras, cunha inversión de case 358.000 euros foron acometidas cunha axuda autonómica, e requeriron tamén no seu día o derrube dos cerramentos de varias vivendas. A alcaldesa mantivo daquela varios encontros cos veciños e propietarios desta rúa, cos que se acordou destinar parte do investimento a financiar a reposición dos peches. Esta travesía, logo das obras realizadas conta con todas as infraestruturas necesarias, tanto de abastecemento como de saneamento de auga, iluminación, canalización de rede de gas, e telefonía, así como zona de aparcamento e diverso mobiliario urbano.
A anchura da calzada é de 14 metros en total, repartidos en dous carrís, e beirarrúas de 2,5 metros cada unha. Co acordo para derribar os metros que invaden a día de hoxe unha das beirarrúas, o tramo quedará tal e como figuraba no proxecto.
Paula Fernández reitera o seu agradecemento a todos os veciños e veciñas, así coma propietarios, de Agro do Balo, pola colaboración que lle brindaron na realización das obras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario