Trazo - os candidatos Xose Sanchez Bugallo e Paula Castiñeiras estiveron nas festas de Vilouchada

OS CANDIDATOS XOSÉ SÁNCHEZ BUGALLO E PAULA CASTIÑEIRAS COMPARTEN COS VECIÑOS DE TRAZO A TRADICIONAL FESTA DE SAN MATEO EN VILOUCHADA
Xosé Sánchez Bugallo e Paula Castiñeiras Iglesias, candidatos número 4 e 12 das listas do PSdeG-PSOE ás eleccións autonómicas do 21 de outubro, compartiron esta xornada festiva cos veciños e veciñas de Trazo co gallo da tradicional Festa de San Mateo. Unha festa que reuníu en Vilouchada a centos de persoas chegadas non só das distintas parroquias de Trazo, senón tamén de municipios veciños como Oroso, Ordes ou Tordoia.

Paula Castiñeiras, veciña de Trazo, e a voceira municipal socialista de Trazo, Beatriz Domínguez, exerceron de anfitrionas dunha festa á que tamén se sumaron os secretarios xerais das Agrupacións Socialistas de Oroso, Manuel Mirás, e Ordes, Xesús Pedreira; así como o coordinador comarcal dos socialistas e deputado provincial Antonio Leira. Todos eles compartiron unha xornada de festa cos centos de veciños e veciñas reunidos no campo de festa de Vilouchada.
A hora de maior afluencia coincidiu coa misa solemne das 13:30 horas, momento no que o santo saíu en procesión polo campo da festa seguido dunha gran cantidade de devotos. Tras unhas pezas da orquestra La Bámbola, os asistentes retiráronse a comer nunha das pulperías ubicadas na zona ou nas distintas carpas instaladas por familias e grupos de amigos. Para esta tarde/noite hai programada unha verbena coas orquestras La Bámbola e Abanico.

Ningún comentario: