Hostelería Compostela presenta a nova imaxe do Santiago(é)Tapas 2012
O colectivo organiza dous obradoiros de cociña en miniatura no mes de outubro como anticipo do concurso de tapas máis importante de Galicia
O Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela acolleu a presentación da nova imaxe do Santiago(é)Tapas 2012, nun acto que contou coa presenza dos presidentes de hospedaxe e restauración de asociación, Xosé Manuel Otero e Xesús Sordo, e o presidente da comisión organizadora do concurso, Germán González.
Nesta nova imaxe faise un aceno á orixe etimolóxica da palabra tapa que ven do antigo costume de tapar os vasos de viño cunha rebanda de pan. Asumindo a organización do Santiago(é)Tapas e cos obradoiros de cociña en miniatura, Hostelería Compostela quere consolidar a cultura do tapeo en Compostela e desenvolvela dun xeito profesional e innovador.
O tapasporte mantense como un dos sinais de identidade deste concurso no que os participantes van selando nos diferentes locais e probando as tapas. As diferentes rutas e itinerarios van permitir aos clientes coñecer a oferta e o servizo dos establecementos hostaleiros que se anoten neste evento, a través dunha peregrinación sensorial polo mellor da cociña en miniatura de Galicia, sendo un elemento promocional moi interesante para os profesionais.

Ningún comentario:
Publicar un comentario