O GRUPO DE GOBERNO ESIXE QUE EDUCACIÓN E AS OPERADORAS EFECTIVICEN O DEREITO Ó TRANSPORTE ESCOLAR PARA OS ALUMNOS DE BACHERELATO DO IES DE CACHEIRAS
A edil de Educación considera “inadmisible que se utilice ós nenos de moeda de cambio” en clara referencia á unha das empresas que hoxe non recolleu ós nenos
O grupo de goberno do Concello de Teo esixe que a Consellería de Educación e as operadoras efectivicen o dereito ó transporte escolar para os alumnos de Bacharelato do IES de Cacheiras, nas prazas libres das rutas contratadas pola Xunta para a ESO. A edil de Educación, María Álvarez Garea, destaca que “nun tema no que non temos competencia directa guiámonos pola responsabilidade e levamos días de conversas e coordinación coa Consellería, coa AMPA, coa dirección do centro e coas operadoras de cara a que todos os nenos que asisten ó centro poidan dispoñer de transporte gratuíto”.
Despois de case unha semana do inicio do curso en bacharelato e cando parecía que estaba todo solucionado hoxe a empresa que fai a liña da zona de Milladoiro e Calo non deixou subir ós nenos de bacharelato aos buses, buses que chegaban con prazas libres ó instituto, segundo indicaron dende e centro e mesmo algún pai afectado. María Álvarez considera “inadmisible que se utilicen ós nenos como moeda de cambio alegando cuestións formais do procedemento”. Dende o Concello “esiximos que o tema se solucione de xeito inmediato e que cada quen asuma a súa responsabilidade e competencia neste tema” remata a responsable municipal de Educación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario