O Concello de Silleda sinaliza unha ducia de fontes
públicas que non son potables
-Están situadas en varios
puntos do municipio
-Do total de mananciais
analizados outros 30 arroxaron bos resultados
O Concello de Silleda, a través do departamento de Obras e
Servizos que dirixe Manuel Cuíña, colocará nas vindeiras horas un total de 12
carteis en fontes con auga non apta para o consumo humano. Esta sinalización,
que ademais da simboloxía de agua non potable inclúe un cadro cos resultados
das analíticas, colocarase nas seguintes fontes:
-Iglesia de Laro
-Portacapilla, en Sestelo (Siador)
-Carballeda (Taboada)
-A Peroxa (Lamela)
-Aldea Grande (Saídres)
-Recimil (Fiestras)
-Vilariño (Lamela)
-Fonte de Chapa (Chapa)
-Pereira (Laro)
-Fonte do Campo (Silleda)
-Fonte Quintela (San Tirso de
Manduas)
Así mesmo, o concelleiro
de Obras e Servizos, Manuel Cuíña, indica que hai outras fontes, das máis concorridas polos veciños
nas que se volverán a repetir os análises, xa que non son satisfactorios ao cen
por cen. Trátase das situadas na praza de Outeiro, en Silleda, e a da igrexa de
Escuadro, entre outras.
Do total de analíticas
realizadas, outras 30 fontes situadas en distintos puntos do rural de Silleda
amosaron a súa aptitude para o consumo. Estas revisións periódicas véñense
realizando normalmente cada seis meses dende o Concello de Silleda.
“Con esta iniciativa
tratamos de velar polo correcto funcionamento das fontes, para que o consumo de
auga nestes mananciais públicos non implique risco para a saúde”, sinala Manuel
Cuíña. O concelleiro tamén destaca que os paneis que se colocarán incluén datos
detallados cos motivos polos que a auga non se pode consumir, “para ofrecer
cumprida información á cidadanía”, engade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario