Ordes - a premio nacional de Danza Manuel Segovia dará un obradoiro coreográfico en Ordes


O Museo do Traxe Juanjo Liñares realizará un obradoiro coreográfico os vindeiros 10, 11 e 12 de agosto
Será impartido por Manuel Segovia e Violeta Ruiz, Premio Nacional de Danza á Creación 2001 e cofundadora da Compañía Ibérica de Danza. O prazo de inscrición estará aberto ata o próximo luns por tan só 20 euros

O Museo do Traxe Juanjo Liñares ten previsto un obradoiro coreográfico para os próximos 10, 11 e 12 de agosto. O responsable de impartir este curso será Manuel Segovia, Premio Nacional de Danza á Creación 2001, Premio Vila de Madrid á Coreografía 'Antonio Ruiz Soler' 2004 e membro do Consello Internacional da Danza CID-UNESCO, entre outros títulos e recoñecementos.  Manuel Segovia contará coa colaboración da mestre e coreógrafa Violeta Ruiz, cofundadora da compañía Ibérica de Danza, ademáis de titulada en ballet clásico e danza española. O programa previsto inclúe o estudo e a realización dunha nova coreografía da danza segoviana 'La Cigüeña', así como da 'Xota de Ordes'.

     Todos os interesados en inscribirse pódenno facer ata o vindeiro luns 6 de agosto a través do correo electrónico info@museojuanjolinares.org, ou ben chamando ó 696 427 778. O custo por persoa ascende a tan só 20 euros.

     Esta iniciativa conta coa participación do Concello de Ordes, a Agrupación Folclórica e Cultural Sementes da Arte e a Compañía Ibérica de Danza.

Ningún comentario: